Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural Saiñas organiza a V Foliada da Mariña na praza do concello en Xove

XOVE .- A asociación cultural Saiñas organiza a quinta edición da Foliada da Mariña Xove 2009, será o sábado, día 18 de Xullo, a partires das 12 da mañá na praza do Concello. Celebraranse todo tipo de actividade relacionadas coa cultura, a música e o baile tradicional Galego.

Programa de actividades

Actividades:
12.00 da mañan.
– I Obradoiro. Construción de enredos musicais impartido por Emilio Lois Blanco.
– Pasarrúas a cargos dos gaiteiros de Saíñas.

14.00 da tarde.
– Xantar popular na carpa situada na praza do concello.
(Previa inscripción)

17.00 da tarde.
– Xogos tradicionais para pequenos e maiores que se celebrarán no campo de entrenamento situado a carón do campo municipal de Xove.

19.30 da tarde.
– Foliada popular con todos os asistentes na que poderá tocar ou bailar calquera que o desexe.

22.30 da noite.
– Concerto cos grupos de música tradicional Galega TANTO NOS TEN e COANHADEIRA.
– Festa ata que o corpo aguante.

Exit mobile version