Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellaría de Medio Ambiente ribadense recomenda que se deposite o lixo a partires das nove da noite

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explicaba esta mañá que dende o Concello se pide a colaboración veciñal para depositar o lixo a partires das 21:00 horas xa que nestes meses de calor o lixo acumulado durante o día vai fermentando e provoca malos olores nas rúas do municipio. Cupeiro tamén insiste na necesidade de reciclar para baixar as cifras de indebidos que aparecen todos os días nos contenedores. O edil nacionalista pediu “aos veraneantes residentes en Ribadeo e aos nosos veciños que teñan a deferencia de levar a cabo as recomendacións que fai o Concello en canto a depositar o lixo a partires das 21:00, seleccionalo e recoller as defecacións das súas mascotas”.
Ademais Horacio Cupeiro engadiu que  “tamén lles quero pedir, a poder ser, que fagan un bó uso das zonas de praia e litoral desde o punto de vista da sostibilidade porque se nós non somos capaces de manter limpo este tipo de espazos, dende logo, de cara aos visitantes, deixaremos unha mala imaxe”.

Exit mobile version