Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira Mar de Burela desexa que o Encontro de Embarcacións Tradicionais se celebre en A Mariña

BURELA (FNC) .- A concelleira de Mar, Remedios López asistiu onte ó IX Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia que se celebrou no concello coruñés de Muros. Burela colaborou na mostra xunto coa Asociación Mar de San Cibrao dando a coñecer diferentes artes de pesca tradicional do bonito.
A edil sinalou que “puidemos ver dende unha bara arranxada para pescar bonito ata unha maqueta dun barco boniteiro ou distintos tipos de anzos de maíz. Tamén se fixeron mostras de secado de congro, afumado de sardiña, obradoiros de carpintería de Ribeira, cestería ou redes. Pero, sobre todo, o que máis impactou ós visitantes foi unha recreación dunha descarga tradicional de sardiña na dársena”.
Remedios López explicou que “este ano asistiron 150 embarcacións de toda España e paréceme un encontro bianual moi positivo. Sería interesante que nun futuro se fisexe na Mariña como conxunto, xa que sería impensable reunir tantas lanchas nun só peirao”.

Exit mobile version