Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Música e Danza de Ribadeo impartirá cursiños durante todo o mes de xullo

RIBADEO (FNC) .- Mari Luz Álvarez Lastra, concelleira de Cultura do Concello de Ribadeo, anunciou esta mañá que a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo permanecerá aberta durante todo o mes de xullo co principal obxectivo de que non exista un parón nas súas actividades.

A concelleira sinalou que “se organizarán diferentes cursiños sobre percusión, saxofón, clarinete, música tradicional e tamén un taller de informática para arranxar partituras. Os participantes gozarán cada semana dun curso diferente e protagonizarán actuacións durante o mes de agosto”, e engadiu que “os cursiños non irán orientados só aos nenos senón que toda a familia, nais, pais e nenos poderán gozar deles, para, desta maneira, compartir o gusto pola música e poder axudar aos fillos ao longo do curso escolar”.

A partir do día de hoxe e durante toda a semana os interesados poderán acudir á Escola de Música para consultar toda a información que precisen, para atendelos, os profesores encargados destes cursiños estarán na escola de 11 da mañá a 1 da tarde.

Álvarez Lastra afirmou que “haberá prazo de inscrición e unha pequena cuota para apuntarse a estes obradoiros” e explicou que “non haberá limite de idade para participar pero que sí se esixirán uns coñecementos mínimos”.

Os cursos darán comezo xa a partir do próximo luns día 6 de xullo. A 1ª Xornada Músico-Cultural Ribadeo que así é como se denomina este programa contempla as seguintes actividades:

-13 a 17 de xullo: audicións activas da música clásica.

-20 a 24 de xullo: audicións activas da música do século XX.

-13 a 17 de xullo: cursiño de informática musical.

-6 a 10 de xullo: taller de música tradicional.

-13 a 17 de xullo: cursiño para pais e fillos de percusión.

-20 a 24 de xullo: cursiño de reparación e mantemento do clarinete/frauta.

-13 a 17 de xullo: curso de guitarra – taller de acompañamento.

-20 a 24 de xullo: curso de guitarra – taller Melódico

-27 a 31 de Xullo Encontro de Orquestra e Saxofóns

-13 a 17 de Xullo Encontro de Grupo de Clarinetes.

-27 a 31 de Xullo Encontro de Música de Cámara.

O prezo dos cursos e obradoiros será de 10 euros para os participantes matriculados na E.M.M.eD. de Ribadeo e de 15 euros para os participantes externos. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe e ata o venres anterior ao de celebración do cursiño correspondente.

Exit mobile version