Site icon Crónica3.com A Mariña

A OMIX de O Valadouro organizou un obradoiro de xogos infantís

O VALADOURO .- A OMIX do Concello do Valadouro organizou un obradoiro de xogos infantís, no mes de xullo, para nenos e nenas de 6 a 12 anos, en sesións de dúas horas, os martes e xoves de 16 a 18 da tarde, na Casa da Cultura Manuel Lourenzo. A iniciativa “trata de favorecer a conciliación familiar e laboral nos períodos estivais e planificar actividades educativas e de ocio e tempo libre,  que contribúan ao desenvolvemento da personalidade e fomento de hábitos sociais e culturais ademais de a estimulación creativa e a diversión dos nenos”, aseguran os promotores.

Exit mobile version