Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galiza coa súa pasividade agrava a crise na Mariña, afirma o BNG

NOTA DE PRENSA
A falla de liquidez condena a desaparición a centos de Pemes,denuncia o BNG

A Xunta de Galiza coa súa pasividade agrava a crise na Mariña

Transcorridos tres meses da chegada do Partido Popular ao Goberno da Xunta de Galiza non é difícil concluír que estamos diante de tres meses perdidos para a Comarca da Mariña, que evidencian que esta Comarca non contan para o executivo de Feijoo e que a totalidade da proposta programática popular para A Mariña era puro mátote.

Á vista está que neste período o Partido Popular limitouse a facer oposición da xestión do anterior goberno, sen poñer enriba da mesa nin unha sola alternativa das plantexadas en campaña electoral. Neste sentido desde o BNG demandamos encarecidamente do Goberno da Xunta que se poña a gobernar e deixe de agocharse tras a propaganda, a política xestual e aparencia.

Nun momento como actual no que atravesamos unha forte crise económica que pon en perigo empregos e sitúa en risco de exclusión social a moitos conveciños nosos non podemos ter ao fronte do País a un goberno ausente.

O Partido Popular presentásenos como incompetente para facer fronte a fonda crise económica que atravesa o conxunto da economía da Mariña e que ten o seu reflexo na delicada situación do sector primario que desenvolve a súa actividade por baixo dos prezos de costo, nas dificultades que atravesan autónomos e Pemes como consecuencia do descenso do consumo e da falla de crédito por parte das entidades financeiras así como o momento crítico que vive o sector industrial e forestal. Non son de recibo declaracións como as que veñen de facer públicas os dirixentes do PP fai uns días nos que valoraban positivamente estes meses de goberno cando día si e día tamén fechan empresas e negocios na comarca e por conseguinte se perden empregos. O BNG esixe do Goberno Autonómico medidas que permitan enfrontar esta situación e neste sentido considera necesario que o Goberno Galego arbitre mecanismos que permitan achegar financianciación as empresas a través dos operadores públicos (IGAPE…) e obrigue as caixas galegas a abrir a billa do crédito senón queremos ter un outono con boa parte do noso sector productivo desmantelado.

Asemade non ten xustificación a insensibilidade en materia social do Partido Popular que non habilita mecanismos que permitan amortiguar as consecuencias da crise aos sectores sociais máis desfavorecidos, poren fai aínda máis cru a situación coas súas políticas neoliberais destinadas a desmantelar o noso raquítico estado de benestar. Non deixa de ser curioso que a súa austeridade sempre teña nome de recortes nos servicios públicos como a educación(eliminación da gratuidade de libros de texto, eliminación de prazas escolares ou recorte do servicio de comedor p.ex en Nois ou Cervo), na sanidade, ou na rede de asistencia a menores ou a terceira idade(que pasa cos centros de día en todos os Concellos da Mariña de máis de 1500 hs). Os nacionalistas galegos non imos permitir que sexan os traballadores, os pensionistas, en definitiva as persoas con menor poder adquisitivo quen paguen unha crise que non xeraron. Na mesma liña queremos denunciar as propostas do PP de conxelación salarial e desregulación do mercado de traballo como saída a crise.

O Bloque Nacionalista Galego considera que é urxente a actuación do goberno galego na Comarca a fin de osixenar,facilitando liquidez, o tecido productivo e de pór en marcha políticas que amortiguen as consecuencias da crise.

Exit mobile version