Site icon Crónica3.com A Mariña

Advirte o PP da perda de patrimonio da Deputación provincial

Nota de Prensa

Besteiro tería que asumir a titulo persoal as indemnizacións que se deriven da súa neglixencia como Presidente da Deputación, segundo asegura o GPPP

•    Os populares advirten de que a perda patrimonial que a súa deixadez está causando a Administración provincial podería ter consecuencias moi graves

Lugo, a 10 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular acusa ó Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro de despilfarrar o patrimonio co que conta a administración provincial e advirten que, segundo a Lei, podería ter que asumir a título persoal o gasto económico que desa deixadez das súas funcións pudiera derivarse.

Insisten os populares en que a situación que presentan as instalacións do complexo turístico de Augasmestas, entre outros, ou as da propia Risidencia Miño poden conlevar que Gómez Besteiro incurra en responsabilidades por neglixencia no cumplimento das súas funcións, que poderían incluso ser susceptibles da presentación dunha reclamación coa conseguinte petición de indemnizacións.

Así, explican que as autoridades e o persoal ó servicio da administración na súa actuación ordinaria teñen responsabilidades reais que poden derivar en importantes consecuencias económicas.

O acontecido coa Residencia Miño ou coas instalacións náutico-deportivas-turísticas pode conlevar, en base a este principio de responsabilidade patrimonial da Administración, que calquer particular poida reclamar unha indemnización sempre que sufra unha lesión nos seus bens ou dereitos como consecuencia dun funcionamento anormal dos servicios públicos.

Suliñan os populares que, segundo a lexislación vixente, naqueles supostos nos que por acción ou omisión se ocasione un dano que poida ser achacable a unha actitude neglixente por parte dunha autoridade ou dunha persoa vinculada profesionalmente á administración que tivo que afrontar o pago desa indemnización, a propia administración pode reclamarlle a dita autoridade ou funcionario os cartos abonados por ese concepto de compensación. Un procedemento que está recollido no artigo 145.2 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común.

Ademais da perda patrimonial aludida, dende o GPPP tamén se indica que durante unha recente visita realizada polos deputados José María Gónzalez Barcia e José Manuel Arias ás instalacións de Augasmestas atoparon “tirada” diversa documentación orixinal con datos bancarios e persoais que claramente incumple a Lei de protección de datos e insisten en suliñar que a Deputación é responsable subsidaria da reclamación que ese feito puidera ocasionar.

Exit mobile version