Site icon Crónica3.com A Mariña

As obras do novo saneamento de Cervo comezarán no 2010, acordaron Alfonso Villares e Agustín Hernández

CERVO .- Arredor de 1.500 veciños, que residen na capital municipal e na súa área de influencia- veranse beneficiados polo acordo acadado no día de hoxe polo Alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, en virtude do cal as obras da nova rede de saneamento en Cervo darán inicio o ano próximo. Os orzamentos autonómicos para 2010 contemplarán os investimentos necesarios para levar adiante este proxecto, unha das actuacións subliñadas como de execución prioritaria por parte do Concello de Cervo.

O titular do departamento autonómico de Medio Ambiente tamén adquiriu perante o Alcalde de Cervo o compromiso de levar adiante o proxecto da nova rede de saneamento en A Senra. Alfonso Villares explicou que pese as promesas efectuadas polos anteriores responsables da Xunta que comprometéronse a desenvolver esta nova rede, “o certo é que non había nada, que o compromiso por escrito adquirido polos anteriores responsables do Goberno galego bipartito, non tiña aparellado ningún orzamento e ningún prazo de execución. Afortudamente hoxe a situación mudou, e a nova Xunta puxo data, 2010, para ambas actuacións”.

Por outra banda a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén colaborará co Concello de Cervo na corrección dunha serie de deficiencias que se estaban a dar nalgúns puntos da rede de abastecemento de auga, o que provocaba periódicas avarías. A Xunta neste mesmo ano procederá á substitución das tubarias de fibrocemento por outras dun material máis resistente. As devanditas actuacións teñen previsto levarse a cabo en varios núcleos do termo municipal como Rueta ou Lieiro.

Exit mobile version