Site icon Crónica3.com A Mariña

Asómbrase o PP polas declaracións de Lara Mendez verbo da visita do conselleiro da Presidencia

NOTA DE PRENSA
GPPP acusa á Deputación de boicotear a posta en marcha do consorcio provincial de bombeiros

* Os populares aseguran que o proceder do Presidente do ente provincial é unha irresponsabilidade e convídano a cambiar de actitude e a poñerse a traballar xa polos intereses de Lugo

Lugo, a 30 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular amosou o seu “asombro” polas manifestacións realizadas pola vicepresidenta segunda da Deputación Lara Méndez a raíz da visita de onte do Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda ó futuro parque de bombeiros de Vilalba.

Os populares califican de “absoluta desvergoña” as declaracións de Méndez e de “total irresponsabilidade” a actitude do Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro, e acusan ós responsables da Deputación provincia de “boicotear sistemáticamente calquer avance que sobre a posta en marcha do consorcio provincial de bombeiros se está a realizar dende a Xunta de Galicia”.

Segundo indicou o voceiro dos populares na Administración provincial José Manuel Barreiro, “aínda que tanto as palabras de Méndez como a actitude de Besteiro son absolutamente impresentables, non nos sorprenden, xa que estamos acostumados a este tipo de proceder por parte de unha e do outro”.

Suliña Barreiro que “como ben sabe ambos os dous, foron numerosos os intentos realizados polo Conselleiro de Presidencia para contactar co Sr. Gómez Besteiro para abordar este asunto e incluso que unha reunión que estaba previsto manter en Lugo foi anulada, sen ningunha explicación, por parte do Presidente da Deputación, polo que parece fora de lugar e sobre todo dunha baixeza sin precedentes, nas que se pon de manifesto ademais a falla absoluta do decoro e do máis mínimo respeto institucional debido, tanto as verbas da Sra. Méndez como o silencio, máis que significativo, do Sr. Besteiro”.

Engade, asimesmo, “porque é convinte non esquecelo”, que recentemente procedeuse dende a Deputación a presentar material para os referidos parques comarcais sen que “nin sequera” lle fose comunicada dita circunstancia á Consellería de Presidencia.

Lembra José Manuel Barreiro que o incumplimento reiterado nas datas de apertura dalgúns parque de bombeiros é responsabilidade “exclusiva” da Deputación de Lugo e insta ós responsables desta administración “a poñerse a traballar xa en beneficio e en defensa da provincia e a deixar de tentar crear polémica onde non a hai para desviar a atención sobre a súa total incompetencia”.

Exit mobile version