Site icon Crónica3.com A Mariña

Aumenta a participación de usuarios no Centro de Dinamización do Vicedo durante o mes de xullo

O VICEDO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en xullo co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en O Vicedo. No mes que remata impartiu un obradoiros tecnolóxico, a través do que se formou a 4 persoas e que se estendeu ao longo de 9 horas. O obradoiro impartido este mes foi “Iniciación á Informática”, un exemplo do catálogo formativo da Rede. Ademais realizouse unha charla de carácter informativo sobre a banca electrónica.

Asemade, 44 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 268 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello do Vicedo en caneiro de 2007, foron xa 261 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 60 obradoiros nos que se formou a 269 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 5 charlas e 4 iniciativas, nas que participaron 302 persoas.
Asemade, aprovéitase para informar de que o Centro de Dinamización permanecerá pechado durante o mes de agosto.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización do Vicedo, sito a Casa da Cultura na rúa Cidade de Mondoñedo, chamar ao teléfono 982.590.195 ou mandar un correo electrónico ao enderezo tedy.ovicedo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

Exit mobile version