Site icon Crónica3.com A Mariña

Calcula o PP de Burela que o Concello deixará de recaudar este ano uns 600 mil euros

NOTA DE PRENSA

O GMPP asegura que o Concello deixará  de recaudar este ano preto de cen millóns de pesetas.

Corresponden a tasas urbanísticas que será  imposible recaudar pola crise.

Os populares pediron unha modificación do actual presuposto á baixa.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que o presuposto do concello do presente ano acabará cun merma de ingresos de alomenos cincocentos mil euros, preto de cen millóns das antigas pesetas, porque eses ingresos serán imposible de materializalos dado que se corresponden ó capítulo de tasas por licencias urbanísticas e agora mesmo non se están dando licencias de obra nova por culpa da crise económica.

A baixada da recaudación do concello, que nos demais conceptos está  sendo a agardada, debería traer consigo unha baixada do gasto, cuestión que os populares pediron no pleno do pasado luns; mesmo debería revisarse á baixa o conxunto do presuposto, para manter un equilibrio de ingresos e gastos, que nestes momentos non se está dando. Os populares consideran que na partida de gastos diversos só quedan escasamente cen mil euros para o que queda de ano, cando a principios había unha dotación de cerca de medio millóns de euros. É decir, en propaganda e parrandadas xa se gastaron este ano catrocentos mil euros. O que demostra que socialistas e nacionalistas son gastadores e derrochadores cos cartos de todos, e que non lles importa pagr con retraso ou endebedarse.

Por outra parte, os incrementos de presuposto que houbo son todos de carácter finalista, por exemplo o Plano E, gracias ó cal se pode facer algunha obra, pero esa condición de finalista impide que os cartos se desvíen a outros gastos que non sexan eses para o que están destinados. Igualmente, o remanente de tesorería do ano pasado é tamén practicamente finalista, dado que inclúe os cartos que se destinan á urbanización de Torrentes.

Polo tanto, a marxe de maniobra é  mui escasa. Tanto é así, que o concello pode facer as inversións que tiña previstas con fondos propios gracias ó canon da auga, pero que só se cobrará este ano e que xa está comprometido.

De cara ó ano 2010, o PP augura que o presuposto ordinario non escederá  dos cinco millóns e medio de euros, en contra dos seis millóns setecentos mil euros do presente ano; en todo caso, non chegará  nunca ós seis millóns de euros.

Os populares entenden que a situación económica do concello non é a mellor, e que en dous anos PSOE e BNG demostraron que son gastadores e dilapidaron todo o traballo de aforro que se viña facendo desde a segregación.

Noutro orde de cousas, o portavoz dos populares en Burela e portavoz adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, indicou que o seu Grupo Popular Provincial retirou no pleno da Deputaciópn de onte a moción presentada no pleno anterior sobre o trazado do novo vial San Cibrao-Barreiros, por entender que o informe da Deputacion, fechado o pasado día 14 do presente mes, cumple coas espectativas que o GPP desexaba. Barcia lembrou que o PP tiña presentado no Senado unha proposición non de lei solicitando que Fomento modifique o trazado do vial ó seu paso polo termo muniicpal de Burela.

Exit mobile version