Site icon Crónica3.com A Mariña

Cen veciños de Sarria visitarán Ribadeo e Mondoñedo co programa Km0 da Deputación

LUGO .- Cen veciños de Sarria achegaranse o venres ata a Mariña co programa Km0 que promove a Deputación de Lugo. Visitarán o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, farán unha travesía marítima pola ría de Ribadeo e percorrerán o casco histórico de Mondoñedo. Km0 inclúe por primeira vez rutas toda a semana debido á alta demanda do programa para atender á alta demanda do programa.

Km0 inclúe por primeira vez rutas toda a semana debido á alta demanda do programa

Os itinerarios de Negueira de Muñiz e Pena Tallada estréanse dentro da iniciativa promovida pola Deputación

Por primeira vez Km0 ofrece rutas durante toda a semana para atender á alta demanda do programa. En total, preto de 300 veciños de Lugo, Sober e Abadín participarán estes días na iniciativa impulsada pola Deputación, e destinada a dar a coñecer o noso patrimonio medioambiental e favorecer a nosa economía. Os itinerarios de Negueira de Muñiz e Pena Tallada estréanse no programa que está a acadar tanto éxito.

55 rapaces participantes nos campamentos Verán en Lugo!, postos en marcha pola Deputación e o Concello lugués, foron recibidos este luns no Pazo de San Marcos polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. A ruta elexida incluíu unha visita ó Centro de Artesanía e Deseño e a Avifauna.

Mañá, un grupo de 55 membros da Asociación Micolóxica “Pingadouro” de Sober visitarán a oleiría de Bonxe. Despois trasladaranse ata Negueira de Muñiz, onde coñecerán o embalse, e á Fonsagrada, onde farán un percorrido polo Museo Etnográfico da localidade, que data de 1.984 e conta cunha forxa de ferreiros e unha lareira. Ademais, alberga unha parte adicada ós oficios rurais, outra á labranza, á relixiosidade e á emigración. Nel tamén se poden ver distintas pezas pertencentes ás épocas megalítica, castreña e romana.

O mércores, un grupo de solicitantes individuais elexirán o itinerario denominado “Pena Tallada”, que inclúe unha visita á adega “Val de Quiroga”, constituída en 1.086, así como á igrexa románica de Torbeo, e unha ruta de sendeirismo ata Cubelas. O itinerario recibe este nome porque era a alternativa que elexían os peregrinos para evitar as arduas montañas do Cebreiro en inverno. Era camiño real e discorría na súa maior parte pola esquerda do río Sil, empalmando diversos pasos de barca que, á súa vez, unían Monforte e Quiroga coas terras do sur de Trives e Caldelas.

O xoves, 36 integrantes da Asociación de Veciños “Santa Lucía” de Abadín farán unha ruta de sendeirismo polos muíños de Xábrega. Visitarán os miradores de Castro, Cadeira e O Duque, facendo antes parada na oleiría de Bonxe.

Finalmente, o venres 100 veciños de Sarria achegaranse ata a Mariña. Visitarán o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, farán unha travesía marítima pola ría de Ribadeo e percorrerán o casco histórico de Mondoñedo. Previamente, coñecerán o Mazo de Santa Comba e a zona máis antiga de Lugo.

Exit mobile version