Site icon Crónica3.com A Mariña

Na madrugada ardeu un coche na autovía do Cantábrico na zona de Barreiros

BARREIROS (FNC) .- Un home resultou ferido de carácter leve esta madrugada despois de saírse da vía o coche que conducía na A-8 ó seu paso por Barreiros, á altura do quilómetro 513. O vehículo incendiouse e o condutor logrou saír a pé, aínda que se fracturou un nocello tentando escapar do lume. Na extinción do incendio participaron unha motobomba e membros de Protección Civil de Barreiros.

Exit mobile version