Site icon Crónica3.com A Mariña

Greenpeace fala de A Mariña e mal

O documento que elaborou Greenpeace, titulado “Destrucción a toda costa”, sinala A MARIÑA DE LUGO  como  unha das zoas costeiras  que “máis desprezo”amosan pola natureza e o medio ambiente.
A novena edición do seu informe anual,  apunta que máis da metade, da nosa franxa costeira, sofre algún tipo de ameaza por proxectos urbanísticos, de infraestructuras ou contaminación.
A responsábel de Costas de Greenpeace, Pilar Marcos, sinalou que o desenvolvemento inmobiliario é “depredador”, que foi cualificado polo Banco de España como “economía suicida”, e que España é o país da Unión Europea con máis expedientes abertos “por maltrato ao seu medio ambiente”.
A corrupción urbanística segue sendo unha constante e Greenpeace detectou 478 casos, con 625 imputados, dos que máis da metade son cargos públicos como alcaldes, concelleiros ou arquitectos municipais.
DESTRUCIÓN SEN RESERVAS
LUGO
ÁS CATEDRAIS
Monumento Natural, Lugar de Importancia Comunitaria, Zona de
Especial Protección dos Valores Naturais de Galicia
CONCELLOS: Ribadeo e Barreiros
Neste ámbito de alto valor ambiental combínanse pequenos acantilados
con extensas praias intermareais. No ano 2005 o Concello de Ribadeo
outorgou a licencia para a instalación dunha planta de acuicultura industrial
en pleno Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Das catedrais.
Inexplicablemente, a Consellería de Medio emitiu unha
declaración de impacto ambiental favorable para esta instalación de 42.000
metros cadrados para a cría artificial de entre 15.000 e 20.000 pulpos281
encravada en pleno espacio da Rede Natura 2000. Na actualidade, as
obras están paralizadas cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza
de Galicia. Ademais, a Audiencia Provincial de Lugo absolveu das
acusacións de coacción a doce membros da Asociación para a
Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) e desestimou a demanda de
indemnización de 30.000 euros interposta por ACUINOR (a empresa
promotora) contra ADEGA.
Tamén en Ribadeo, a empresa de actividades anexas ao trasporte
marítimo, Galigrain, recibiu o visto e prace de Portos de Galicia para
construír unha terminal cuberta de carga, descarga e almacenamento no
porto de Ribadeo, xa que ata o momento non poden entrar barcos de
máis de 3.000 toneladas282. Con esta nova ampliación do porto se
pretende dar solución ás necesidades de exportación da papeleira de
ENCE en Navia (Asturias) que alcanzará a producción de 500.000 toneladas
de celulosa en xuño de 2009. Unha descomunal instalación que ocuparía
6.000 metros cadrados, dos que 2.200 invadirían a ría do Eo (fronteira
natural entre Asturias e Galicia).
O porto de Ribadeo atópase entre os límites do LIC do río Eo (ver
capítulo de Asturias), e a catro quilómetros do extremo este do LIC das
Catedrais. O Concello de Ribadeo acusou de aberración, ademais de
innecesaria, a proposta de Galigrain. A casa do concello ribadense é, en última

RÍA DE FOZ–MASMA
Lugar de Importancia Comunitaria, Zona de Especial Protección para las instancia, o que ten a decisión final xa que, aínda que a Xunta conceda
todas as autorizacións ambientais, son indispensable dispoñer de
licencia de obras municipal283. Dende a Consellería de Política Territorial, á
que está adscrita Portos de Galicia, apóiase a nave flotante por dous
motivos. O primeiro, é que, segundo eles, non causará danos
ambientais, a pesar de ocupar a superficie de seis campos de fútbol,
e o segundo, polo temor de que o tráfico xerado pola papeleira se
traslade aos portos Del musel (Gijón) e Avilesino.
Mentres tanto, o porto deportivo de Ribadeo contará con 643 prazas de
atraque para embarcacións de recreo. Outorgouse a instalación de
tres novos peiraos e a ampliación doutro na dársena de Porcillán284.
Pola “elevada demanda de amarres” xustifica o ente público Portos de
Galicia a creación de 77 novas prazas de atraque que se sumarán ás
566 xa existentes.
Respecto á contaminación que xa se atopa presente no medio
mariño, os sedimentos recollidos á altura da desembocadura da ría
de Ribadeo presentan niveis moi elevados de metais pesados, sobre todo
de cromo (Cr). Neste punto encóntranse as maiores concentracións de
este metal da costa atlántico-cantábrica. Tamén é destacable a
concentración de cinc (Zn) encontrada en mostras de biota. A
concentración deste metal en mexillón silvestre só é superada pola
mostra de Bilbao285.

Aves, Zona de Especial Protección dos Valores Naturais de Galicia
CONCELLOS: Barreiros e Foz
A boca do esteiro da ría de Foz está parcialmente pechada por unha
frecha litoral areenta (praia de Altar) e por instalacións portuarias e
infraestructura de “defensa” da costa (praia da Rapadoira). Estas
infraestructuras teñen artificializado tanto o areal que os temporais do
Atlántico deixan a súa pegada cada tempada, co consecuente gasto de
presupostos do Estado para rexenerar artificialmente as súas areas.
Pero o acoso á ría non vén de man dos temporais naturais. Para o
porto mariñeiro do Concello de Foz planificouse, aínda en fase
preliminar, un porto deportivo que sexa a referencia náutica da zona con
amarres para barcos en tránsito e calado abondo de entrada. Aínda Que o
veciño porto de Ribadeo aumentou o seu número de amarres e non
depende das mareas para o atraque, Foz continúa coa intención de
transformar o porto pesqueiro en deportivo286.
Ao outro lado da ría, en Barreiros, hai máis construccións paralizadas por
a xustiza que obras en marcha. A maioría de terreo rústico foi
substituído por vivendas unifamiliares nas que, na súa maioría e a pesar do
custo ambiental da súa construcción, colga o cartel de ” se vende”287.
O municipio contaba en 2001 con 2.797 vivendas, das que 1.327 tiñan
consideración de segunda residencia. Pero nos últimos dez anos se
concederon licencias para unhas 6.000 casas, aínda que nese tempo
Barreiros perdeu 283 habitantes.
A anterior Consellería de Obras Públicas de la Xunta cualificou o urbanismo de
“desordenado, insostible e incontrolado” e suspendeu o plan
vixente, que databa de 1994 e non estaba adaptado á Lei do Chan. Aínda
Límite do Dominio Público
Marítimo-Terreste no litoral de Foz.
así, a Consellería anunciou antes das eleccións un convenio coa
Deputación de Lugo e o consistorio288 para legalizar centos de vivendas.
Tamén a falta dun axeitado tratamento das augas residuais en Foz
está a poñer en risco a calidade das augas deste espacio protexido.
Esta pranta, sobre todo en verán, recibe un caudal que supera amplamente
o seu capacidad289. O atraso na construcción dunha nova Estación
Depuradora de Augas Residuais para a zona e de colectores xerais
está a permitir a vertedura de augas contaminadas á ría de Foz. A cor
agrisado das augas que se verten dende as canalizacións da
depuradora municipal e os peixes que se agrupan en torno á vertedura indican
o seu alto contido en materia orgánica. O grupo ecoloxista ADEGA advirte
especialmente a dous colectivos: aos bañistas nas praias de Altar
(Barreiros) e A Rapadoira (Foz) e aos pescadores290.
RIO OURO
Lugar de Importancia Comunitaria, Zona de Especial Protección dos
Valores Naturais de Galicia
CONCELLO: Foz
O proxecto de construcción dunha Estación Depuradora de Augas
Residuais (EDAR) no Concello de Foz terá afeccións sobre dous
espazos protexidos da Rede Natura 2000, o da ría de Foz-Masma e o
do río Ouro. Polo tanto, este proxecto, debe realizarse coidando
especialmente todos os aspectos de protección ambiental. Non obstante,
segundo denuncian os veciños, carece do preceptivo estudo de
hidrodinámicas da zona (ventos, correntes mariñas, densidades e
temperaturas)291. A mala calidade das augas do río Ouro afecta
directamente á praia da Pampillosa, en pleno esteiro do río, onde se
asenta unha depuradora de aguas292.
Todo o tramo do río ata a súa desembocadura está estrangulado polo
formigón e a construción desordenada293. Os fortes temporais en
inverno de 2008 provocaron graves danos na desembocadura do
río con danos taxados en 12.000 euros294.
A menos de dous quilómetros da desembocadura, a praia de Arealonga
sofre tamén as consecuencias da artificialización do territorio. O
desequilibrio na achega de areas por parte do río, o estrangulamento de
a praia pola estrada de Amariña (N-642) e pola vía do ferrocarril de
FEVE está a provocar a desaparición da praia. Este areal está sometido
dende hai anos a unha regresión constante, cuxo resultado foi a
práctica desaparición da praia seca en preamar. O Ministerio de Medio
Ambiente aprobou obras de emerxencia para reparar os danos do
último temporal sobre a praia, cuxo importe ascende a 3.877.376 euros295.
En setembro de 2008, ADEGA denunciou que a construcción dun enorme
muro de formigón, para soster o acantilado da praia cun
presuposto de 1.500.000 euros por parte da Dirección Xeral de
Costas, ía destruír un depósito xeolóxico con varios depósitos de turba
datado en 120.000 años296.

MUNICIPIO DE VIVEIRO
Lugo Viveiro
O Xulgado do contencioso-administrativo de Lugo anulaba o pasado mes
de febreiro unha licencía urbanística de decembro de 2006 para construír un
edificio de 200 vivendas en Covas. O Concello concedera a
licencia amparándose no silencio administrativo e ignorando os informes
en contra do técnico municipal e das consellerías de Cultura e Política
Territorial, ambos os dous preceptivos e vinculantes. A proposta aprobada non
contaba nin sequera co proxecto técnico ou a memoria urbanística. O caso
foi remitido á Fiscalía de Urbanismo, quen debe determinar se han
cometido delitos contra o patrimonio, o territorio e de prevaricación. Outro
Xulgado, o de Instrucción n.º 2 de Viveiro investiga outras once licencias
urbanísticas concedidas polo mesmo procedemento. En todas elas, a
Policía Xudicial atribúe o alcalde socialista, Melchor Roel, e a súa Xunta de
Goberno a comisión dun posible delito de prevaricación.

Exit mobile version