Site icon Crónica3.com A Mariña

Incrementan a plantilla da Policía Local de Burela que conta con dez funcionarios e dous auxiliares

BURELA (FNC) .-  A plantilla da Policía Local de Burela conta con dous novos membros. Segundo explicou o alcalde, Alfredo Llano, “estes rapaces remataron a súa formación na Estrada, xa estiveron unhas semanas con nós de prácticas e agora son xa membros da nosa Policía Local”. Así a plantilla da policía burelesa está composta por dez funcionarios que durante o verán contan coa colaboración de dous auxiliares.

Por outra banda, o rexedor anunciou hoxe que coincidindo con Produart e a Feira do Bonito “montaremos no peirao a exposición de 24 fotografías antigas que xa estivo hai uns meses na praza do Concello. Son fotos que recollen vivenzas das xentes do mar e que están moi relacionadas coa pesca e aproveitaremos estes dous acontecementos para a que a xente que se achegue a Burela poida disfrutar destas instantáneas que posiblemente queden no porto durante todo o verán”.

Alfredo Llano tamén lembra que “a recepción da TDT en Burela xa funciona perfectamente, pero si alguén ten algún problema á hora de contar con esta sinal o que ten que facer é orientar as súas antenas hacia os repetidores de Telefónica que se atopan no Monte Castelo”.

Exit mobile version