Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis dun cento de mariñáns entre os miles de persoas que celebran en Santiago o Día da Patria

SANTIAGO .- A masiva afluencia de galegos e galegas a Santiago para conmemorar o Día da Patria converteu, un ano máis, as rúas e prazas da capital galega nunha marea solidaria. Desde A Mariña deplazaronse a Santiago máis dun cento de persoas, en varios autobuses e transportes particulares, algúns xa no día de onte, para participar na marcha reivindicativa do Día de Galiza que se iniciou pasadas as doce e media da mañá. Entre os participantes nos actos atopábase cun posto de promoción do Modelo Burela o profesor do IES Perdouro Bernardo Penabade.

Exit mobile version