Site icon Crónica3.com A Mariña



No dia de Galicia do 2009, a Galicia que eu quero

A Galicia que eu quero é un país pequeno pero cheo de dignidade, de homes e mulleres libres; onde os seus habitantes teñan o dereito de decidir e construír libremente o seu destino; onde o cidadán apoderado dos seus dereitos poida reclamar sempre a verdade aínda que, fira como un coitelo afiado; unha Galicia onde os homes e as mulleres nos comprazamos polo que somos: país pluricultural, multiétnico, megadiverso, e non só polo que temos; país formado nas súas tradicións, culturas e lendas milenarias; paìs formado polos seus valentes e lendarios heroes, pero tamén polos millóns de heroes anónimos en perpetua guerra pola supervivencia.

Eu quero unha Galicia onde os gobernantes actúen co corazón e non coas vísceras; onde a previsión substitúa a improvisación;en onde se persiga coas leis o roubo e a corrupción; onde se respecten, real e autenticamente, os dereitos humanos de todos os Galegos e galegas e non só sexan letra morta durmindo nos papeis feitos de eucalipto; onde a Constitución e as leis deixen de ser só quimeras ou novelas rasas que engolsinan os labios pero non alimentan a ansia de xustiza;en onde os gobernantes comprendan dunha vez e para sempre que a saúde e a educación son os piares fundamentais do desenvolvemento social e deixen de mezquinar a mestres e nenos os recursos esenciais para unha vida digna.

Unha Galicia onde o dereito das mulleres a elevar a súa voz e a participar activamente no bordado político da nación e en todas as instancias públicas e privadas de poder non sexa nunca escamoteado;un país onde non teñan nenos mendigando nas ruas;un paìs onde os dereitos da infancia e a ancianidade sexan recoñecidos con políticas públicas, que eles sexan actores e protagonistas do seu propio desenvolvemento e a previsión do futuro sexa calculada e planificada.

Unha Galicia onde os políticos sexan exemplo de moral e honradez e nunca famentas ratas que escapan dos sumidoiros e o pobo sexa pobo con capacidade de reflexión e decisión, con soberanía popular, para taxalos polas súas obras e non polo azucre doce das súas palabras.

Unha Galicia onde a arte, a música e a poesía están ao alcance de todos e todas e non só sexa disfrete dunha elite.

Unha Galicia laica, un Estado de dereito, onde autenticamente se respecte a liberdade de culto, os espazos e a liberdade das minorìas, o dereito á liberdade de opinión da cidadanía; o empoderamento dos dereitos dos cidadáns, que se sancione calquera clase de discriminación racial ou social que avergoña e atropela a dignidade dos seres humans.

Unha Galicia cunha democracia participativa e non só representativa; con presupostos participativos para que sexa o pobo organizado quen decida qué é o que desexa e necesita para a súa comunidade.

Unha Galicia profundamente democrático, onde homes e mulleres respecten á natureza como suxeito de dereito e non como obxecto de expropiación e explotación que fere aos ecosistemas e que ocasiona dramas nacionais e planetarios-

Eu quero unha Galicia, soño unha Galicia así, e por iso estou aquí, hoxe dia de Galicia do ano 2009 cumprindo este deber cívico, ético e comprometido integramente para facer realidade este fermoso soño.

Exit mobile version