Site icon Crónica3.com A Mariña

No fuimos nosotros, Nostatic, Clan Maragato e Omenomejodas no festival Arroutada en San Cibrao

SAN CIBRAO .- A OMIX de Cervo e a asociación Arroutados organizan a sexta edición do festival Arroutada no que participaran os grupos No fuimos nosotros de Viveiro, Nostatic de A Coruña, Clan Maragato de San Cibrao e Omenomejodas de Avilés. O evento será o 21 de agosto na plaza en San Cibrao.

NOTA DE PRENSA

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), dependente da área de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo xunto coa asociación cultural Arroutados, de recente creación, colaboran na organización dun evento musical gratuíto que vai xa pola súa sexta edición ininterrompida.

XUVENTUDE CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A GOZAR COA ARROUTADA 2009 UN FESTIVAL DE MÚSICA FEITA POR XENTE NOVA E PARA XENTE NOVA

•    Os grupos participantes son NO FUIMOS NOSOTROS (Viveiro), NOSTATIC (A Coruña) CLAN MARAGATO (San Ciprián) e OMENOMEJODAS (Avilés).

•    A cita: O venres 31 de agosto, a partir das 22 horas, na prazoleta de San Ciprián –ao carón da Casa da Cultura-

Cervo, 22 de xullo de 2009.- O que comezou como  unha aposta dun pequeno grupo de mozos e mozas de San Ciprián, que quixeron enriquecer a actividade estival desta localidade introducindo nun xa de por si variado programa de citas de interese turístico, festas patronais e romarías, un festival de música gratuíta ao aire libre, no que fora capaz de mesturarse variados estilos musicais, e grupos coñecidos no ámbito local ou incluso doutras comunidades, con novas formacións que se están a abrir camiño no mundo da música, vai xa pola súa sexta edición ininterrompida.

A ARROUTADA volve a ser no 2009 unha cita ineludible coa música feita por xente nova e para xente nova, así o definen polo menos desde a Concellaría de Cultura e Xuventude que, un ano máis, colabora na organización desta actividade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). A edil de Xuventude Chelo Gallego, xunto con varios membros da asociación cultural ARROUTADOS, colectivo de recente creación, integrado polos mozos e mozas promotores desta actividade, deron a coñecer o programa de actuacións previstas neste festival e o seu cartel.

A ARROUTADA 2009 dará comezo ás 22.00 horas, do venres 31 de xullo, pois como todos os anos o festival ten lugar o venres correspondente coa semana na que se inicia o mes de agosto. O emprazamento novamente será a prazoleta de San Ciprián, espazo contiguo á Casa da Cultura. Abrirán o festival a formación NO FUIMOS NOSOTROS de Viveiro (Acústica-Bossanova), de seguido será a quenda do grupo NOSTATIC (Rock) da Coruña. A continuación actuará unha formación musical local, anfitrións nesta ocasión, CLAN MARAGATO de San Ciprián (Folck) e, finalmente pecharán o festival OMENOMEJODAS de Avilés (Thrash-Metal)

Desde a organización agradecen dun xeito especial ás distintas empresas patrocinadoras, sen os que, esta actividade non sería posible: Talleres Martínez, Autos Morán, Cazas SL, Os Molineros, Rodabell e Construcións Jose Saa xunto coa Fundación Comarcal da Mariña Occidental.

CONCELLO DE CERVO

Máis información para os medios sobre os grupos participantes:

•    OMJ: OMENOMEJODAS (Aviles)
Thrash-Metal
http://www.myspace.com/omenomejodas

As súas raíces nos levan a 1990. OMJ nunca tivera existido se nesa data non dera nacido outra banda: Vastator. Concibida como unha banda de Thrash Metal. É fácil recoñecer influencias de grupos talles como Metallica, Slayer ou Kreator nos temas que por aquel entón formaban o repertorio de Vastator. Vastator non continuou. Servizos militares, estudos e outras circunstancias negativas provocaron que a banda desaparecese tan rápido como se creou. Con todo, e a pesar da practicamente nula repercusión deste primeiro proxecto, a súa existencia é importante pois sentaría as bases tanto estilísticas como de formación de OMJ.

En 1993, tres dos membros de Vastator e un novo baixista forman OMJ. Esta será a formación clásica do grupo ata a súa desaparición uns anos despois: José (batería), Juanco (guitarra rítmica), Carlos (baixo) e José María (guitarra solista, voz).

Cun repertorio propio de máis de 10 temas e unha colección de versións fundamentalmente de Metallica, aínda que dando cabida tamén a temas doutros grupos, comeza a andaina de OMJ por diferentes escenarios asturianos obtendo certo éxito. Será en 2003, coincidindo co décimo aniversario do grupo, cando leve a cabo a gravación do seu primeiro disco, para o que se elixe o título insufrible ruído facendo alusión á definición usada tempo atrás por uns malhumorados veciños de local de ensaio. Mundo de tolos será a súa segunda experiencia no mercado discográfico, neste caso con distribución nacional.

•    CLAN MARAGATO (San Ciprián)
Música Folk

Nace no ano 2003 promovidos por un grupo de mozos que participaban no grupo folclórico Mistura de Lieiro. Malia que o seu estilo musical é o folk, cabe subliñar que desta música tan só teñen a base, pois na realidade fusiona rock, pop, heavy e ata flamenco nas súas composicións. Desde os seus inicios levan actuando en San Ciprián, Cervo, Ferrol, Vilalba, Lugo, Coruña… Integran o grupo Alicia (voces, teclados, percusión), Julian (solista de flauta, whistle, gaita, e acordeón)- Jacobo (baixo), Pla (guitarrista), David Torreiro (congas, djembé, darbouka, percusionista), Sebas (caixón rumbeiro, bombo), Ricardo (percusión tradicional) Na actualidade están a traballar nas gravación do seu novo disco.

•    NO FUIMOS NOSOTROS (Viveiro)
Acústica / Bossanova / Comedia
http://www.myspace.com/nofuimosnosotros

Corría o ano 2005 cando Peque recibía unha chamada telefónica solicitando a presenza do seu antigo grupo Krápulas, do que tamén formaba parte Iván, na gravación en acústico dalgún dos temas do grupo. Por aquel entón, os Krápulas eran xa tan só un moi bo recordo e xa que logo o proxecto era inviable, pero  ¿Por que non gravar algo cunha guitarra e unha voz? Sempre lles gustou tocar cancións coa guitarra en casa, nas festas, así que se learon a manta á cabeza e tiraron pa..lante.

Para facer ese concerto necesitábanse tres cancións ben montadas, xa que formarían parte dun disco e un DVD que se quería lanzar desde unha administración mariñá. Non todos os grupos teñen a ocasión de comezar así a súa carreira, así que había que aproveitar a oportunidade, pero a parella, por aquel entón, facía gala dunha falta de profesionalidade abraiante, co cal o resultado foi bastante regular. As versións nese disco foron: Mañá de Entroido, O noivo do esquecemento e Boto de menos. Iso se, esta última canción quedou máis pasable que as outras e tivo un relativo éxito entre familiares e amigos. Foi así como un 11 de xuño nacía: “Non Fomos Nós”.

A partir dese momento, a xente xa é consciente da existencia da parella e son contratados frecuentemente para os ciclos de música na rúa de Nadal e verán, o grupo comeza a ter alicientes para ensaiar e crear os seus propios temas, o que dá lugar a que o día 24 de xullo do 2008 salga á luz o seu primeiro traballo: “Cea para dous”

•    NOSTATIC (A Coruña)
Rock
http://www.myspace.com/nofuimosnosotros

Nostatic nace en setembro do 2006 na Coruña cunha formación orixinal de 5 músicos para formar un grupo de Rock á marxe de modas e sen ningún tipo de etiquetas, aínda que cun membro menos, actualmente están presentando o seu segundo traballo, máis orientado ao rock en español, que será editado en próximas datas.

Formación musical rockera que soa como Led Zeppelin, The Stooges, Dream Theater, Pearl Jam, Whitesnake, Incubus, Kiss, The Who, Queen

Exit mobile version