Site icon Crónica3.com A Mariña

Novos socorristas acuáticos formados nun curso organizado polo Concello de Burela e a Cruz Vermella

BURELA (FNC) .- En Burela rematou o curso de socorrismo acuático, que se veu celebrando nos últimos días, co cen por cen de aprobados. A edil de Mar, Remedios López Villar, lembra que “para acceder ó curso de socorrismo acuático de 80 horas de duración foi preciso ter a titulación de primeiros auxilios e pasar unha proba que se lles fixo na piscina municipal de San Ciprián, onde tiveron que demostrar uns coñecementos mínimos de natación e mergullo. Esta proba só a superaron 10 participantes dos 18 que se presentaron”.
A concelleira socialista engade que “durante estas dúas semanas todos puidemos disfrutar das probas que se lles facían ós alumnos do curso nas praias de Portelo e A Marosa… probas de salvamento desde a praia ou desde a lancha, probas de respiración, de reanimación… probas que se combinaron con horas de piscina e de teoría”.
Remedios López asegura que “éstas dez persoas que conseguiron un título homologado para traballar de socorrista están preparadas para realizar estas labores e agardo que na época estival se lles abra un abanico de posibilidades e se vexan recompensados cunha fonte de ingresos”.
O curso tivo un custe de 250 euros por persoa, pero a Delegación de Mar subvencionou ós empadroados en Burela “que só tiveron que pagar 50 euros”.

Exit mobile version