Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela convida a gozar da Feira do Bonito e Produart

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, invita a todos os veciños e visitantes da Mariña a disfrutar dos eventos que se celebrarán en Burela os últimos días do mes de xullo e os primeiros de agosto. A vila acollerá a vindeira fin de semana a XXV Festa do Bonito e a VI Feira de Produart.

O rexedor explicou que “onte mesmo comezaron as festas do Monte Castelo, onde hai unha participación de veciños extraordinaria, onde durante catro días se van estar compartindo vivencias e onde se ve a armonía que existe entre os veciños de Burela, pois nestas festas propíciase unha convivencia sana”.

Llano apuntou que “xa para o fin de semana que vén o que ofrecemos tanto para os veciños como para o público en xeral que está pola comarca, son dous acontecementos que creo que son moi importantes. Un deles é a Feira do Bonito, prevista para o 1 de agosto, un evento tradicional na nosa vila que este ano acada a edición número 25 e onde se vai ofrecer un dos nosos produtos estrela, o bonito. Grazas a esta feira o príncipe azul ten unha difusión enorme e convidamos a todo o mundo a probalo porque non vai desilusionar a ninguén. Por outro lado, simultaneamente á Feira do Bonito, a partires do 31 de xullo e ata o 2 de agosto vamos ter unha nova edición de Produart, a feira dos produtos artesáns e ecolóxicos, que aboga pola potenciación dunha produción mais ética, menos agresiva co medio e polo tanto un consumo máis sostible. En Produart sempre se presentan productos que teñen calidade e son especiais para a alimentación pola súa forma de ser producidos e comercializados”.

Alfredo Llano afirmou que “esta feira vai ser moi importante porque xa contamos cuns 70 expositores que van traer diferentes produtos e ó mesmo tempo vamos facer unhas xornadas técnicas onde se van impartir unha serie de conferencias sobre temas que teñen relación co medio ambiente e con todo o que ten que ver coa produción destes produtos. Ademais, vaise desenvolver por primeira vez na nave de redes onde xa se fixo Expomar, porque consideramos que é un evento relevante e que merece unha localización importante, desta maneira a feira vai medrar en grandeza e importancia. Tamén se vai facer neste mesmo recinto a Feira do Bonito e así os visitantes poderán participar en ambos eventos”.

Llano insistiu en que “todos aqueles que teñan interese en degustar o bonito ou en participar en feiras de produción ecolóxica están convidados e imos estar encantados de recibir a calqueira persoa que queira acercarse”.

Exit mobile version