Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que “un Día da Patria Galega masivo a mellor resposta as políticas do PP”


Nota de Prensa

Un Día da Patria Galega masivo a mellor resposta as políticas do PP

O BNG chama a moverse en defensa de Galiza e da Mariña

O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe en Foz a campaña que os nacionalistas van desenvolver ao longo de todo mes de Xullo no conxunto da Mariña co fin de achegar a súa proposta a situación que atravesa Galiza e a comarca así como convocar aos veciños e veciñas da Mariña a manifestación do 25 de Xullo en Santiago de Compostela.

Antonio Veiga, Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG, e Xoán Antón Estua, Vice – Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG, que compareceron conxuntamente no nome do Consello Comarcal do BNG da Mariña afirmaron que é necesaria unha mobilización masiva na campaña do Día da Patria Galega deste ano como a mellor forma de expresar que a sociedade galega está viva e ten capacidade de reacción fronte a un Partido Popular que esta a amosar a súa face máis descarnadamente reaccionaria e antigalega.

Oito actos na Mariña do Dia da Patria.

Estua, lembrou que o BNG vai celebrar entre o 16 de Xullo e o 1 de Agosto oito actos  na Mariña(Foz,Burela,Viveiro,Ribadeo,Riotorto,Cervo,Valadouro,Barreiros), na que participaran ademais diversos dirixentes do BNG como Guillerme Vázquez, Francisco Rodríguez, Bautista Álvarez ou Carlos Aymerich, dirixentes locais nacionalistas. O primeiro dos actos a celebrar, co que se abre a campaña do Día da Patria Galega 2009, será o 14 de Xullo en Riotorto cun acto ás 20:30 no centro Cívico no que participará Federico Gutiérrez (Alcalde de Riotorto) e Bautista Álvarez(Cofundador do BNG e restaurador da data tras a Guerra Civil). A maiores distribuirase cartelería e propaganda impresa nos dezasete Concellos da Mariña.

Nesta dirección Estua quixo agradecer a militancia e a base social do nacionalismo a súa implicación para levar adiante esta campaña o que evidencia a viveza da organización e o compromiso da afiliación do BNG.”Só o BNG pode poñer en marcha esta campaña en pleno verán, porque só o BNG ten unha afiliación desta calidade política e desta xenerosidade co País” afirmou  Xoán Antón Estua.

A Comarca segue a esperar polo Plan Anti – Crise de Balseiro.

Veiga, Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG e Delegado Provincial de Cultura da Deputación, lembrou que o Día da Patria Galega ten que ser unha resposta do povo galego contra as políticas antisociais do capital e antigalegas da dereita española. Veiga afirmou que o contexto social que vivimos esta marcada pola crise económica e por un goberno da Xunta ausente que abandona a sociedade galega nun momento de dificultade e demostra a súa incapacidade para Gobernar.

Antonio Veiga denunciou que os mariñáns seguimos a esperar polo Plan Anti-Crise de Feijoo e polas propostas que o Sr.Balseiro fixo en campaña electoral no ámbito económico. Neste sentido esixiu a Balseiro que aclare xa se o PP vai apoiar en sede parlamentaria a proposta do BNG dun  Plan de Choque que palíe a perda de emprego nas empresas auxiliares de Alcoa ou porque razón os populares se poñen enfronte das reivindicacións do sector lácteo. Xa por último Veiga denunciou que Balseiro non sabe do que fala cando fai públicas as diferentes liñas do IGAPE e afirmou que seria bon que se baixase do coche oficial para escoitar da boca dos autónomos ou das pemes da Mariña as dificultades que teñen de liquidez ou a imposibilidade de concretar operacións de financiación pola negativa da banca coa esixencias de garantías.

Calendario de actos.

16 de Xullo ás 20:30. Centro Cívico de Riotorto. Federico Gutiérrez(Alcalde) e Bautista Álvarez

18 de Xullo ás 20:30. Sala de Conferencias de Burela.Neves Cando(Tenente Alcalde) e Carlos Aymerich.

18 de Xullo ás 22.30.Restaurante “Terra Mar”.Lago.Xoán Estua( Portvoz Cervo) e Monte Prado.

19 de Xullo a partir das 14:00 h. Marismas do Masma.Espiñeira. Romaría Popular. Bieito Lobeira e Antonio Veiga

21 de Xullo 20:30. Castelo de Alfoz. Francisco Jorquera e Ivan Marrube(Portavoz do Valadouro).

22 de Xullo 20:30.Casa do Mar de Ribadeo. Ana Pontón e Fernando Suárez(Alcalde).

23 de Xullo 20:30.Conservatorio de Viveiro.Xoán Antón Goás(Portavoz Viveiro) e Francisco Rodríguez.

1 de Agosto a partir 19:30.Explanada do Porto.Foz.Festa do Chicharro Lañado. Guillerme Vázquez e

Exit mobile version