Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros celebrará o Día da Patria o 19 de xullo cunha bonitada na Espiñeira

NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG DE BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA DA PATRIA O VINDEIRO DOMINGO 19 DE XULLO CUNHA BONITADA NA ESPIÑEIRA.

Barreiros, 17 de xullo de 2009. O BNG de Barreiros celebrará cunha bonitada o vindeiro domingo 19 de xullo o día da patria. No acto intervirán Bieito Lobeira, deputado autonómico e Antonio Veiga, portavoz do BNG en Barreiros e responsable comarcal da formación.

O acto desenvolveráse a partires das 14:00 horas a carón da ría ao lado da ponte vella da Espiñeira en Barreiros. Antonio Veiga explica que se trata “dun acto lúdico, político e tamén reivindicativo, eleximos ese lugar para o noso encontro este ano para demandar a limpeza dos solares e das edificacións ruinosas que hai nesa zona. Uns traballos que se aprobaron en pleno no 2003 e seis anos despois seguimos agardando por eles”.

O BNG celebrA estes días actos festivos e políticos noutros concellos da Mariña previos ao propio 25 de xullo.

Exit mobile version