Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove e Cervo “emprazan ao PP a deixar a propaganda e afrontar os problemas da sociedade”

Nota de Prensa

O BNG CHAMA A PLANTAR CARA AS POLITICAS REGRESIVAS DO PP CUN ACTO CONXUNTO PARA MILITANTE S  E SIMPATIZANTES DE XOVE E CERVO.

No acto participará Montse Prado Cores Secretaria de Organización da Executiva Nacional do BNG

As organizacións locais de Xove e Cervo emprazaron ao PP a deixar a propaganda e afrontar con medidas claras os problemas reais da sociedade

As organizacións locais do BNG de Cervo e Xove convocaron a militantes e simpatizantes a participar dun mitin-cea  o sábado 18 de xullo a partir da 21.30 no restaurante Terra Mar de Beltran en Xove, onde tomará a palabra o responsábel local de Xove, Marco López, o portavoz do BNG de Cervo, Xoán Estúa e a Coordinadora da Executiva Nacional, Montse Prado Cores.

Xoán Estúa, manifestou que o BNG segue a agardar polo plan de choque anunciado por Balseiro na campaña electoral para combater os problemas laborais e de desemprego no que están inmersos moitos traballadores e traballadoras das empresas auxialiares de Alcoa, que agardan solucións e non medidas dilatorias e propagandísticas dun goberno galego paralizado e sen capacidade para dar solucións aos problemas reais da sociedade. Estúa pediu a participación masiva na manifestación do día 25 en Santiago para plantar cara a un Partido Popular mais volcado en desfacer e derrubar que en promover actuacións dirixidas a mellorar a vida da xente.

O responsábel local do BNG en Xove, Marco López, esixiu ao Partido Popular o cumprimento dos compromisos adquiridos durante a campaña electoral cos veciños de Xove e Cervo, neste sentido reclamou a Balseiro a esixencia diante do goberno galego da recuperación do proxecto para creación do cinto industrial de Alcoa, que o parlamentario do PP prometera en campaña electoral, “non pode ser que o que antes era a solución para afrontar a crise de emprego na Mariña, agora sexa a propia crise a que o desbote”. Marco López, demandou dos gobernos municipais de Cervo e Xove a esixencia diante da Xunta de Galiza para dar cumprimento aos acordos plenarios dos dous concellos nos que se demandaba esta infraestrutura fai escasos meses, e que o BNG apoiou sen nos dous concellos.

Exit mobile version