Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide unificar intereses entre os veciños de Cervo para mellorar o trazado da autovía

NOTA DE PRENSA
O BNG PIDE UNIFICAR INTERESES ENTRE OS VECIÑOS DE CERVO PARA MELLORAR O TRAZADO DA AUTOVIA BARREIROS-SAN CIBRAO NO SEU PASO POLO CONCELLO

Na asemblea veciñal realizada onte un San Román os veciños pediron apoio ao BNG para modificar o trazado no seu paso pola parroquia a mais afectada polo paso da autovía.

Os nacionalistas reiteran a necesidade de ampliar o prazo de exposición publica para estudar mellor o trazado e as posíbeis melloras.

Cervo, 10 de xullo de 2009. O BNG continua expoñendo en asembleas veciñais nas distintas parroquias e núcleos do concello o trazado proposto polo Ministerio de Fomento para a autovía Barreiros-San Cibrao. A falta das parroquias de Rúa e Castelo onde haberá actos o luns 13 e o martes 14, faranse exposicións en Cervo e San Cibrao co cal quedará completado o conxunto do territorio municipal. Unha vez realizados os actos na Senra, Trasbar, A Venta e San Román, constátase a necesidade de presentar alegacións para preservar acuíferos dos que se serven os veciños e a modificación do trazado ao seu paso por San Román, polo que piden unificar intereses para presentar unha alternativa que mellore a proposta de Fomento.

OS NACIONALISTAS COLABORARÁN COS VECIÑOS PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS QUE SALVEN OS MANANTIAIS DOS QUE SE SERVEN PRETO DE 50 VECIÑOS E VECIÑAS

O BNG traballa conxuntamente cos veciños da Senra e Gondras para intentar salvar diferentes acuíferos dos que se serven dende fai moitos anos como subministro de auga potábel para as súas vivendas os veciños de. Neste sentido presentaranse alegacións no rexistro do concello para ser tramitadas ao Ministerio. Os preto de 50 veciños e veciñas da Senra, Gondras e Vilaestrofe solicitan o mantemento dos acuíferos dos que se levan servindo de auga dende fai mais de trinta anos.

EN SAN ROMÁN O BNG APOIA AOS VECIÑOS PARA EVITAR A AFECTACIÓN DE DUAS EDIFICACIÓNS E ZONAS DE CULTIVO NA CALVELA

O BNG reunido na tarde de onte cos veciños de San Roman manifestoulles o seu apoio na presentación de alegacións para unha modificación do trazado que evite a afectación de varias construcións e zonas de cultivo na Calvela. A proposta pasa por modificar o trazado á altura da Senra, levándoa mais ao sur para conectar cun paso entre as parroquias de San Roman e Rúa coa alternativa IDH1.2 na entrada do túnel de Vilasindre ate o enlace de Cangas.

MAIS TEMPO PARA ESTUDAR AS ALTERNATIVAS E UNIFICACIÓN DE INTERESES PARA MELLORAR O TRAZADO

O BNG pide unha ampliación do prazo de exposición pública ao considerar que é posibel unificar intereses coa presentación dunha alternativa que mellore a actual e que permitiría ademais de evitar a afectación de zonas habitadas e de cultivo en Cervo, mellorar o trazado no seu paso polo concello de Burela.

OS NACIONALISTAS PEDIRÁN UN ACORDO UNÁNIME DA CORPORACIÓN DE CERVO NA DEFENSA DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLOS VECIÑOS

Por último o BNG pide que o pleno Corporación cervense apoie cun acordo unánime da corporación municipal, as alegacións presentadas polos veciños para o cal todas as alegacións presentadas deberan estar rexistradas nas dependencias municipais coa data límite do 20 de xullo.

Exit mobile version