Site icon Crónica3.com A Mariña



O caso da pílula poscoital

Resulta que, neste gran país noso, hai farmacéuticos que se negan a vender a pílula poscoital. Din que eles obxectan, e que esa pílula demoníaca na súa farmacia non entra. Din que é por Deus.

E non me estraña o asunto, hai catro dias, para o caso na ilustre nobre e leal cidade de Viveiro existían farmacéuticos que non vendían condóns, supoño que tamén en Nome de ese Deus católico apostólico e romano.

Dubido seriamente que Deus exista. Non podo garantilo, obviamente, pero dubídoo. Do que estou completamente seguro é de que un chorrito de seme na vaxina dunha rapaza non é un ser vivo. Eu vino, e xúrovos que non parece vivo. Parece máis ben un esgarro. Si home si, como cando tes gripe, colliches un resfriado ou durmiches cos pes de fora

Non creo en Deus, pero, sabedes que?, ogallá esteña equivocado. Ogallá Deus exista e teña un sentido do humor infinito. Ogallá Deus sexa un cínico de volta de todo. Non sería de estrañar, tendo en conta que a súa obra máis perfecta es ti.

Ogallá Deus sexa un cabrón cun divino sentido da ironía para que, cando todos eses farmacéuticos, médicos, comadroas e similares con problemas morais a guiñen e chamen ás portas do ceo, o seu creador os espila dunha patada no seu puro cu ao círculo infernal dos figureiros. E ogallá estea un círculo por enriba do dos blasfemos, para que poida verlles as bragas.

Ogallá puidérase obxectar da estupidez dogmática. Lamentablemente, iso non é voluntario. Pero, estou seguro, Deus vingarase por nós. Teñamos fe.

Por certo gustaríame que alguén me explicase por que os únicos profesionais que obxectan son os relacionados coa medicina. Nunca oín que un banqueiro ou un construtor de eses de misa cada domingo e festa de gardar, se negasen a algo porque atenta contra a súa moral. É que non hai banqueiros nin construtores beatos e que incluso comulgan todos os primeiros venres de mes , que pensen que roubar, por poñer un exemplo, é pecado?

Ao mellor é que, despois de todo, os únicos pecados que importan de verdade aos católicos son os que teñen algo que ver coa bragueta.

Exit mobile version