Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Dinamización de Ribadeo remata o xullo con 73 usuarios máis

RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en xullo co seu traballo a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. Neste último mes, impartiu seis novos obradoiros tecnolóxicos adicados aos máis pequenos: Xogos educativos en Internet. A mediados de mes, remataron tamén os cursos Memoria dos oficios e Procesador de textos: Writer.

A presentación dos vídeos elaborados no obradoiro Memoria dos oficios terá lugar no vindeiro mes de setembro. Os seus protagonistas, un ebanista, unha modista, un xastre e unha muller de mar realizaron un documento audiovisual no que cada un conta unha historia con imaxes, música e voz en off relatando as experiencias e coñecementos sobre os seus oficios.

Ademais, inscribíronse como novos usuarios da Rede un total de 73 persoas que poderán aproveitar de xeito gratuito tódalas as iniciativas que oferta a aula aberta. Ao longo do mes de xullo, impartíronse 30 horas de formación tecnolóxica e a aula foi utilizada nunhas 743 ocasións.

O Centro de Dinamización de Ribadeo pechará as súas portas por vacacións dende o día 3 de agosto ata o 23 e á volta continuarase co mesmo horario de verán, de 8.00h a15.00h

Exit mobile version