Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela limpa fincas particulares con problemas de salubridade

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que “o Concello procederá a limpar a finca, situada nas inmediacións do párking de autocaravanas, na que se acumulou nos últimos días auga e na que apareceron moitos mosquitos”.

Llano lembra que “se trata dunha finca cunha obra paralizada no seu día, estamos fartos de enviarlle requirimentos ao propietario da empresa e ata o momento non obtivemos resposta”. O rexedor engade que “por motivos sanitarios procederemos á súa limpeza e tentaremos que esa situación non volva producirse”.

Exit mobile version