Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela presentou un “documento de inicio” para alegacións ao vial San Cibrao-Barreiros

RESUME DA ROLDA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA, 13-XULLO-2009

O GMPP elabora un documento de inicio para presentación de alegacións sobre o trazado do novo vial San Cibrao-Barreiros ó seu paso por Burela.
Os populares argumentan en base a cinco criterios.
Anuncian unha próxima reunión con empresarios e a CEL.

O GMPP de Burela informou hoxe que vén de elaborar un “documento de inicio” para iniciar sobre o mesmo o proceso de elaboración de alegacións en relación co trazado do novo vial San Cibrao-Barreiros ó seu paso por Burela.
Os populares, que entregaron hoxe mesmo no rexistro do Concello este documento, entenden que é un documento aberto, susceptible de engadidos e/ou modificacións, pero que en todo caso debe terse en conta xa que o seu contido baséase en cinco criterios, a partir dos cales se extraen unhas conclusións. O PP trasladará este documento á Asocación de Veciños O Vencello e á Comunidade de Montes.
Segundo o documento dos populares, redactado despois de estudiar o documento do estudio informativo do novo vial, os alternativas máis favorables para Burela son as denominadas IDH 1.2 e IDH 2.2, mentres que Fomento decántase pola IA2.
Desde un criterio funcional, o trazado das alternativas IDH 1.2 e 2.2 é de maior calidade e polo tanto máis seguro, porque evita pendientes superiores ó catro por cento, dado que se constrúe un túnel. Pola contra, a alternativa de Fomento pendientes na súa maior parte de entre o catro e o cinco por cento.
No tocante ó criterio territorial, tamén as dúas alternativas citadas aproveitan son superiores á de Fomento no que se refire á adaptación das infraestructuras existentes. Con respecto a este criterio, os populares analizan o impacto sobre a afección de terreno en Burela, e conclúen que o novo vial, no que se refire á alternativa de Fomeno, que ten unha afección de 250 metros lineais de ancho, deixa inservible aproximadamente a metade da superficie de Burela ó sur da actual variante, ben pola afección en si, ou pola inviabilidade de aproveitar posteriormente unha bolsa de solo ó sureste de Burela.Tampouco resolve a alternativa de Fomento un enlace inmediato co Hospital da Costa, en contra do que se manifestou.
No que se refire ó criterio ambiental, o PP deduce que as alternativas que eles defenden son máis respectuosas co medio, porque preservan mellor a vexetación, o uso do solo, os acuíferos e a paisaxe, porque incorpora un túnel de algo máis de 1.400 metros.
Este aspecto, o do túnel, é o que fai que o criterio económico teña o maior peso para Fomento, porque o investimento total no conxunto do percorrido entre San Cibraoe Barreiros increméntase nun 16%, sobre corenta millóns de euros. Aspecto que podería correxirse na licitación e adxudicación da obra, porque é presumible que as empresas que opten á realizar a obra oferten “á baixa”.
Pero o PP introduce un criterio que non esgrime Fomento, o que os populares denominan de “impacto socioeconómico”, e chegán á conclusión que esa diferencia de investimento, independientemente das baixas das empresas, pode ser amortizada polo seguinte:
•    Aproveitamento do solo que se atopa ó sul da actual variante, en base a necesidades reais de crecemento e en función das demais infraestructuras que xa afectana Burela e as afeccións determinadas polas distintas administracións.
•    Posibilidade de planificación de dotación de diversas infraestructuras de carácter de servicios municipais ou dotacionais ó sul da actual variante.
•    Posibilidade de construcción dun parque empresarial na zona de A Puida, tal e como se alegou no seu momento en Marzo de 2006 a través de acordo plenario.
•    Valor engadido que xenerarían as indicacións anteriores, tomando como referencia o ano 2033.
Polo tanto, o GMPP conclúe que polos argumentos citados as mellores alternativas para Burela son as IDH1.2 e a IDH2.2.De non ser así, o PP dubida da capacidade de desenvolvemento futuro de Burela, xa que quedería mui limitado.
Os populares, ademais, manterá o mércores, días ás 20 horas nos locais da CEL de Burela unha reunión con empresarios, a través da propia CEL, para informalos tanto do documento elaborado por Fomento como das propostas que fai o PP de Burela.
Igualmente, o GMPP lembra que foi o único grupo político que presentou por escrito un plano de traballo, exactamente o día 26 de Xuño. Ese mesmo día, e aproveitando unha asamblea de afiliados previamente convocada, informaron ós asistentes sobre o trazado do novo vial. Tamén lembran os populares que os contactos co Vencello foron e son  habituais sobre este asunto, e continurán séndoo. Ademais, os populares presentaron unha moción de urxencia na Deputación provincial de Lugo sobre este tema que foi rexeitada polo PSOE e o BNG. E presentarán esta semana tanto no Senado coma no Congreso iniciativas sobre este asunto, defendendo as alternativas que se consideran mellores para Burela, tal e como indicou o presidente dos populares na provincia de Lugo José Manuel Barreiro nunha recente entrevista co Vencello.
Por último, os populares indican que seguirán traballando para que exista consenso total sobre as alegacións que se presenten, e solicitan que de ser así se plasmen nun acordo plenario. Piden que se deixe de marear a perdiz cos intentos de ampliación de plazo, porque eso non conduce a nada. Igualmente lémbranlle ó BNG que o PP nada tivo que ver nin na redacci´n do proxecto da actual variante nin na súa execución, e afirman que ainda non se coñece cal é a postura concreta do BNG, que no Congreso dos Deputados está apoiando ó PSOE e cogobernan con el en Burela.

———————

Documento de inicio

O Grupo Municipal Popular da Corporación Municipal do Concello de Burela, á vista da Resolución do Ministerio de Fomento, a través da Dirección General de Carreteras del Estado, publicada no BOE do pasado día 23 de Xuño, na que se anuncia a apertura do prazo de trinta días para someter a información pública o estudio informativo e de impacto ambiental da autovía San Cibrao-Barreiros, e polo que se refire ó que afecta ó termo municipal do Concello de Burela, entende que as alternativas que mellor se adaptan ó acordo adoptado o día trinta de Marzo de dous mil seis por unanimidade dos grupos municipais da Corporación burelesa son as denominadas IDH 1.2 e IDH 2.2.
Pola contra, compre rexeitar a alternativa A2, ou IA2, pola que se decanta o Ministerio de Fomento.
En base a artellar as alegacións, o Grupo Municipal Popular presenta este documento de inicio, susceptible como tal de modificacións e/ou engadidos que en todo caso o melloren,  entendendo que cómpre facer argumentacións para defender a postura adoptada no seu día polo Concello de Burela de xeito unánime, e ó mesmo tempo argumentar solidamente e ata onde sexa preciso para evitar a concreción da alternativa A2 ó paso polo noso termo municipal.
Entendemos que esta argumentación debe cinguirse ós mesmos criterios que se marcan no documento de referencia, engadindo un novo criterio, o que o Grupo Popular denomina “criterio de impacto socioeconómico”, e que nós consideramos que debe ser decisivo á hora de redactar as correspondentes alegacións e polo tanto á hora de que o Ministerio de Fomento adopte a decisión final.

CRITERIO FUNCIONAL.
A alternativa pola que se decanta Fomento presenta unha valoración media en canto a tempo de percorrido. A facilidade de programación é alta, pero a calidade de trazado é sensiblemente peor cas que defendemos, dado que atravesa un relevo accidentado, tendo que adaptarse ó mesmo con pendentes de entre o 4% e o 5% en prácticamente un 80% do seu itinerario.
Do documento despréndese que esta alternativa non é a mellor valorada no que atinxe a este criterio.
No que se refire ás alternativas que nós consideramos máis beneficiosas para Burela, os tempos de percorrido son similares á opción defendida por Fomento e, ainda que a facilidade de programación é baixa, dada a necesidade de construcción dun túnel de aproximadamente 1’450 kms., a calidade do trazado é mellor, con menor pendiente media e menor lonxitude de tramos con pendiente superior ó 4%, derivada tal calidade de trazado precisamente da construcción do túnel.
Polo indicado,e en base a preservar a seguridade e a calidade de trazado, entendemos que son perfectamente defendibles calquera das dúas opcións que son millores para Burela.

CRITERIO AMBIENTAL.
A opción do Ministerio de Fomento está altamente valorada, porque, segundo o estudio, tén un efecto “barreira” baixo e tamén tén baixa afección sobre o planeamento; mínima afección á vexetación e baixa afección a espacios naturais á hidroloxía.
Calquera das dúas opcións mellores para o noso concello tamén están altamente valoradas. Teñen menos impacto ca A.2 sobre a paisaxe, a vexetación, os usos do solo e a hidroloxía, por mor da construcción do túnel antes indicado, ainda que teñen maior efecto “barreira” pola vía de conexión de enlace con Burela, que o estudio ubica entre Cangas e Vilasindre.
Como conclusión a este criterio, entendemos que se del dependese a elección do trazado, non debería de existir inconvinte para decantarse polas opción IDH 1.2 ou IDH2.2.

CRITERIO TERRITORIAL.
Ainda que este criterio se basea, no estudio de Fomento, nos aspectos de conectividade coa rede existente e captación de tráfico por un lado, e por outro coa mellor adaptación ás infraestructuras existentes, nós entendemos que se debe incluir o aspecto de afección futura e posibilidade de ordenación territorial.
A este respecto (cómpre lembrar que afección en metros lineais do novo vial é de 250 m de ancho), é evidente que a alternativa pola que se decanta Fomento provoca que aproximadamente o 50% da superficie do noso termo municipal ó sul da actual variante quede ou afectado polo novo vial, ou con nulas expectativas de desenvolvemento futuro: sería un triángulo que iría desde o Monte Castelo en perpendicular á actual variante, logo dirección límite do Concello co de Foz, e de novo hacia o Monte Castelo polos lindes municipais.
En cambio, as alternativas IDH1.2 e IDH2.2 non provocan ningún impacto de afección ó noso termo municipal: quedaría “libre” e con posibilidades futuras de ordenación do territorio. Este aspecto é importante telo en conta, dada a singularidade espacial do noso concello, só 8’1 km2.
De esto despréndese que co trazado defendido por Fomento a planificación futura do territorio do noso Concello estaría limitada, como tamén estaría limitado o posible cambio de usos do solo.
No que se refire ó aspecto de conectividade coa rede preexistente e captación de tráfico, a valoración das alternativas é similar, pero é máis alta a dos trazados que defendemos para Burela en canto á adaptación ás infraestructuras existentes.
Polo tanto, estamos ante un mellor posicionamento, con respecto a este criterio, dos trazados alternativos que defendemos para o Concello de Burela.

CRITERIO ECONÓMICO.
Segundo o estudio informativo, este é o criterio que fai que Fomento se decante pola opción IA2 en vez de polas IDH 1.2 ou IDH 2.2., xa que o presuposto total de investimento de todo o vial San Cibrao-Barreiros incrementaríase en aproximadamente o 16%, ou sexa, uns corenta millóns de euros, de optar polos tramos que defendemos para Burela.
Efectivament esto é así porque, de non producirse ningunha outra modificación no conxunto do trazado, tal incremento sería o que xeneraría a construcción do túnel.
Pero non debe esquecerse que tal incremento no total do investimento pode ser absorbido polas máis que posibles baixas que se produzan na licitación e adxudicación da obra.

CRITERIO DE IMPACTO SOCIO-ECONÓMICO.
Intimamente ligado ó anterior, polo que agora veremos.
O estudio reflicte o incremento no presuposto total de investimento que antes indicamos. Pero o propio estudio indica que se contempla o ano 2033 como prazo para a amortización da infraestructura de referencia, o novo vial no seu conxunto, en termos de uso.
O Grupo Municipal Popular entende que tal diferencia no custo total da infraestructura amortizaríase só no que se refire ó Concello de Burela en función de:
•    Aproveitamento do solo que se atopa ó sul da actual variante, en base a necesidades reais de crecemento e en función das demais infraestructuras que xa afectan a Burela e as afeccións determinadas polas distintas administracións.
•    Posibilidade de planificación de dotación de diversas infraestructuras de carácter de servicios municipais ou dotacionais ó sul da actual variante.
•    Posibilidade de construcción dun parque empresarial na zona de A Puida, tal e como se alegou no seu momento en Marzo de 2006 a través de acordo plenario.
•    Valor engadido que xenerarían as indicacións anteriores, tomando como referencia hasta o ano 2033.

ENLACE DE CANGAS.
A elección das opcións que defendemos para Burela significaría propoñer a modificación do enlace en Vilasindre, xa que na opción pola que se decanta Fomento o enlace partiría tal núcleo.
Polo tanto, tería que trasladarse tal enlace a 200 m. da saída do túnel dirección este. Non sería aconsellable deixar como enlace de Burela o previsto xa na estrada Cangas-Ferreira, porque reduciría as facilidades de acceso a Burela e conseguintemente ó Hospital da Costa.
Por certo, a alternativa pola que se decanta Fomento non procura ningún enlace directo hacia o Hospial da Costa.
Queda claro, xaquelogo, que as opcións que defendemos para Burela tamén significan unha desafección do núcleo de Vilasindre e a liberación de solo para o futuro.

CONCLUSIÓNS.
1.    CRITERIO FUNCIONAL.- Mellor valoración para as opcións que defendemos.
2.    CRITERIO MEDIOAMBIENTAL.- Mellor valoración para as opcións que defendemos.
3.CRITERIO TERRITORIAL.- Mellor valoración, tamén,    para as opcións que defendemos.
4.CRITERIO ECONÓMICO.- Peor valoración para as opcións que defendemos.
5.CRITERIO SOCIOECONOMICO.- Fundamental para defender a bondade das alternativas que defende Burela.
O que se lle traslada a Vde., ós efectos oportunos, solicitándolle que dea traslado deste documento ós portavoces dos grupos políticos do PSOE e BNG, presidentes da Asociación de Veciños “O Vencello” e da  Comunidade de Montes en Man Común, técnico municipal de Obras e empresa OTEA.

Exit mobile version