Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non acepta as explicacións do Presidente da Deputación sobre o ascensor de Lourenzá

NOTA DE PRENSA

O GPPP pídelle a Besteiro que renuncie ó cargo si se considera incapaz de asumir as súas responsabilidades como Presidente da Deputación

* Os populares consideran inconsistente a excusa que deu onte no pleno para evitar dar explicacións sobre a Residencia Miño porque dende principios de ano dispón de informes técnicos sobre a situación na que se atopaban estas dependencias

* Califican de inaceptable que non se considere responsable do que acontece co patrimonio da administración provincial

Lugo, a 1 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular califica de excusa inconsistente que o Presidente da Deputación non dé explicacións sobre o acontecido na Residencia Miño nin sobre a cancelación do contratado para dotar de ascensores ás casas consistoriais de Lourenzá e Mondoñedo amparándose na necesidade de contar cos correspondentes informes técnicos porque éstes xa existen, elaborados ademais por persoal da administración provincial.

Lamentan os populares que José Ramón Gómez Besteiro afirme categóricamente que non se sinte responsable da situación na que se atopa a Residencia Miño porque, segundo sinalan, non se trata de achacarlle nada acontecido con anterioridade a súa toma de posesión como Presidente do ente provincial, pero a partir de aí, precisamente polo cargo que ostenta, debe dar conta do estado no que se atopa o patrimonio da Deputación. Por elo, ó entender dos populares, se Gómez Besteiro non é capaz de asumir as súas responsabilidades debería deixar o seu cargo.

O GPPP solicitou por escrito, o pasado 12 de xuño, información sobre a Residencia Miño, así como acceso a toda a documentación existente, da que, por certo, aínda non recibiu resposta. Polo tanto, non parece de recibo que o Presidente da Deputación alegue descoñecemento sobre o asunto para evitar responder onte no pleno á pregunta formulada neste senso polos populares.

Así, para o GPPP esta actitude amosa que Gómez Besteiro despreocúpase totalmente do patrimonio provincial que debe salvaguardar aínda despois de que, como é o caso da Residencia Miño, fora obxecto de destrozos ou se tivera producido nela un incendio. Feitos que aconteceron durante o último ano e que, segundo algunhas estimacións feitas ó respecto, costaría reparalas ó redor de medio millón de euros.

Lembran os populares que a principios de agosto de 2008 persoal da Deputación presentou a primeira denuncia en comisaría debido precisamente a que se constatara que alguén entrara no edificio. O 10 de xaneiro deste ano tamén persoal da administración provincial elaborou un informe sobre o que estaba a acontecer no inmoble, ó que seguiu outro no mes de febreiro no que tamén se poñía de manifesto o estado que presentaba o edificio.

O Presidente da Deputación de Lugo, ó entender dos populares, nin le nin se preocupa, a tenor do que dixo onte no pleno, por nada e non é, por tanto, competente para seguir asumindo as responsabilidades que lle veñen derivadas do seu cargo.

ASCENSORES.-

No que atinxe ó descoñecemento alegado por Gómez Besteiro para evitar respostar sobre a anulado proxecto de dotación de ascensores nos consistorios de Lourenzá e Monterroso, os populares tamén consideran que non está fundamentado.

Así, suliñan que no caso de Lourenzá, por exemplo, o Concello recibiu un escrito da Deputación, con data de saída de 21 de maio, no que se daba pormenorizada conta de todo o proceso de contratación da obra, así coma da rescisión do contrato coa empresa adxudicataria da execución da mesma. Facíase referencia, de feito, o acordo adoptado pola xunta de goberno na súa reunión do pasado 24 de abril á que, por certo, aínda que resulta raro, asistiu o Presidente da Deputación.

Cómo, conclúen os populares, pode alegar entón o Sr. Gómez Besteiro descoñecemento sobre estos asuntos.

Exit mobile version