Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP replícalle ao BNG sobre o servizo das autopsias na Mariña

NOTA DE PRENSA
Atribúe o reclamación dos nacionalistas a un acto de “desvergonza política” xa que deixa en evidencia a incoherente posición dos nacionalistas na lexislatura pasada cando defendían a centralización en Lugo do servizo forense
BALSEIRO LEMBRA QUE O BNG VOTOU ATA EN TRES OCASIÓNS EN CONTRA DA RECUPERACIÓN DO SERVIZO DE AUTOPSIAS NA MARIÑA

* O deputado popular explica que, a diferencia do acontecido na pasada lexislatura, a realización das autopsias en Lugo é unha situación provisional motivada pola dificultade de cubrir a praza de médico forense vacante no Hospital da Costa.

* O parlamentario do PPdeG subliña que as empresas funerarias xa coñecen, por boca do director xeral da Xustiza, que se está a traballar para solucionar esta cuestión e que non se trata dunha centralización deste servizo en Lugo tal e como fixeron socialistas e nacionalistas na pasada lexislatura.

A Mariña lucense, 03 de xullo de 2009.- O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG) votou ata en catro ocasións, na pasada lexislatura, en contra da recuperación do servizo de autopsias no Hospital da Costa. As deputadas e deputados nacionalistas rexeitaron todas e cada unha das iniciativas que o Partido Popular puxo en marcha en contra da decisión da anterior Xunta de Galicia de centralizar o servizo de medicina legal en Lugo. Os populares lembran que foi só grazas á presión social e política –do PP daquela na oposición- e ás reiteradas denuncias da prensa, a que forzou ao bipartito de PSOE e BNG a recuperar un servizo no Hospital da nosa comarca, que eles tiñan eliminado.

O deputado popular, Jose Manuel Balseiro subliña que os nacionalistas actúan con grandes doses de “desvergonza política” cando veñen a reclamar aquelo que sempre negaron. En todo caso, o parlamentario indica que a dirección xeral de Xustiza está a traballar para proceder á cobertura da praza vacante de médico forense no Hospital da Costa, tal e como lle explicou aos representantes das empresas funerarias nunha reunión que mantiveron en Santiago de Compostela para tratar deste asunto, despois precisamente da intermediación do propio Balseiro. Desde o PP insisten en que hoxe a situación é moi diferente, xa que estamos a falar dunha cuestión provisional, pola dificultade de cobertura da praza de facultativo neste hospital, e non dunha decisión tan inxustificable como a quen o seu día adoptou a Xunta do bipartito que decidiu impoñer a centralización das autopsias na capital provincial.

NACIONALISTAS OS MENOS LEXITIMADOS

O parlamentario do PPdeG insiste en que os nacionalistas son os menos lexitimados para falar deste asunto xa que, na pasada lexislatura, a súa xestión caracterizouse pola perda de servizos nos distintos concellos da Mariña lucense, como consecuencia do desprezo e esquecemento da Xunta bipartita. Visto o visto ao deputado popular non lle parece raro que os galegos decidiran situar novamente ao BNG fóra do Goberno, na oposición, e nunha situación de perda progresiva de apoio electoral.

Exit mobile version