Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP valora a xestión da Deputación en A Mariña e fai balance de dous anos de goberno

Nota de Prensa

Os populares afirman que, en dous anos, a Deputación non prestou nin a máis mínima atención á Mariña

* Aseguran que superado o ecuador da lexislatura o investimento da Administración provincial na comarca reduciuse ás obras do Plano de Obras e Servicios e califican de clientelar e caciquil a política de subvencións aplicada polo bipartito

Burela, a 20 de xullo de 2009.- O Partido Popular da Mariña afirmou hoxe nunha rolda de prensa que nestes dous anos de bigoberno na Deputación a Mariña non existe para a institución provincial. Para os populares, a referencia que fixo Gomez Besteiro no seu discurso de investidura foi o inicio da súa faceta de “home anuncio”, xa que dous anos despois a “especial preocupación” que dixo que tería hacia a comarca, traduciuse no “absoluto esquecemento, derivado da vagancia á que xa nos tén acostumados”.

Os populares fan fincapé en que a política de Besteiro redúcese a unha intensa presenza mediática, con despilfarro de cartos ó usar como “propios e exclusivos” os medios da comunicación da Deputación, ou vir á Mariña a sacarse fotos no Faro de Roncadoiro coma se dun modelo se tratase, e mesmo desplegar o servicio de protocolo por onde pasa, pagado todo elo con cartos de todos os cidadáns da comarca e da provincia. Así se entende a “proximidade á cidadanía” esgrimida no discurso de investidura.

Os deputados provinciais José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, xunto cos alcaldes de Ourol, O Vicedo, Xove, Cervo e Barreiros, o Presidente do PP de Viveiro Cesar Aja, a senadora Mariña Gueimunde, a parlamentaria Emma Álvarez, xunto con outros representantes do PP nos concellos da Mariña, consideran que estes dous anos de bicefalia na Deputación foron perdidos para a comarca, e auguran que perderanse igualmente os dous anos que quedan ata as vindeiras eleccións municipais.

Así, os populares aseguraron que o investimento da Deputación reduciuse ó que se contempla no Plan de Obras e Servicios, POS, a alguna obra pendeente do desaparecido Programa Operativo Local, POL, e ás actuacións derivadas das axudas a comunidades veciñais, xa existentes na etapa de goberno do PP.

González Barcia, Yanes Ginzo e Leal lembraron que ningunha das obras importantes a realizar con fondos propios polo anterior equipo do PP foi nin tan siquera licitada, e recordaron, por exemplo, o vial litoral de Barreiros, cun tramo que mesmo estaba adxudicado pero que non chegou nin a comenzarse. En materia de parques empresariais, non se iniciou ningunha actuación nova, polo que os de Ourol e Burela seguen exactamente nas mesmas condicións nas que estaban.

Parques de bombeiros.-

Punto de atención especial para os populares son os parques de bombeiros. Os deputados do PP aseguraron que o de Barreiros aínda non se sabe cando abrirá, e lembran que Lara Méndez afirmou que sería no primeiro trimestre de 2008. Do de Viveiro, sábese que hai un proxecto e nada máis, porque por non ter, non ten aínda licencia de obra, e eso que o alcalde de Viveiro é deputado provincial.

Ademais, os populares puntualizaron que o que fai a Deputación é cumplir a Lei de Emerxencias aprobada polo bipartito na Xunta en 2006, que obriga á Xunta e á Deputación a abordar a partes iguais os gastos dos parques de bombeiros. Tentaron vender que a Deputación se facía cargo do que lles correspondía pagar ós concellos, cando o único que fan é cumplir a lei.

En materia de axudas á pesca, non hai nada novo nos orzamentos da Deputación: as axudas a semente de marisco non aumentaron, e non se contempla ningunha axuda específica para o sector primario, como tampouco para o agragandeiro nin para o pesqueiro.

Conflicto cos concellos.-

No que sí bate records a Deputación, segundo os populares, é en conflictos cos concellos. Se no seu discurso de investidura defendeu a colaboración cos concellos, a realidade é que hai conflictos con Barreiros, con Lourenzá, desprecios públicos ós alcaldes e por extensión ós cidadáns de Xove, Cervo ou Ourol. Sen ir máis lonxe, vaise arreglar a estrada de Xove a Valcarrría por Monte, pero no que corresponde ó termo municipal de Viveiro; ou a situación xa indicada do parque empresarial de Ourol.

Compre lembrar ademais, segundo os populares, que aínda hai concellos que non visitou oficialmente, e alcaldes, do PP, que aínda non recibiu, cando prometera telo feito a finais de 2007. Por elo, na súa opinión, “Besteiro e o PSOE non son de fiar, porque din, e din moito, pero nin fan nin cumplen nada”.

Por todo esto, segundo os deputados populares, a transparencia e a neutralidade tan defendida brila pola súa ausencia. Cuestión que se corrobora no que se refire ás axudas ás comunidades veciñais para pequenas obras de infraestructuras. Son os alcaldes ou concelleiros do PSOE os que tramitan esas obras, e mesmo as anuncian moito antes de que estean nin tan sequera informadas pola Mesa de Valoración correspondente. Este é o caso, por exemplo, do alcalde de Burela, que xa anunciou as de este ano hai dous meses a pesares de que a mesa de valoración non está nin convocada.

Polo tanto, “estamos ante unha política de subvencións clientelar e caciquil, tanto por parte do PSOE, coma por parte do BNG”, indicaron os populares. “Antón Bao vén pouco ou nada pola comarca, coma se non fose con el, pero todo colectivo que desexe ter unha subvención cultural ou deportiva debe pasar polo aro: foto na Deputación, e logo xa veremos canta subvención concedemos e sobre todo xa veremos cando pagamos”, engadiron.

No tocante ó turismo, as axudas da Deputación non son as que anunciaron. “Fartáronse de decir que o PP non tiña política turística na Deputación, e agora resulta que son eles os que están vivindo de rendas e por riba esquecen e ningunean á Mariña. A vicepresidenta terceira, Vega Buján, que non se leva cos seus dous compañeiros do BNG, só mira pola zona sur, onde ela reside, o que non nos parece mal; o que pedimos é que tamén veña de cando en vez por aquí, porque cobra dedicación exclusiva, e só veu unha vez a esta comarca en dous anos”, explicaron.

En materia cultural, o deputado nacionalista Antonio Veiga usa o Museo do Mar como “corralito” dos seus amiguetes e colectivos vencellados ó BNG, pero aínda non tén feito nada para a ampliación do indicado museo, “emblema da preocupación da divulgación educativa no anterior mandato provincial do PP”, aseguraron os populares.

Recolocar ós amigos.-

González Barcia, Yanes Ginzo e Leal Arias criticaron o papel de Lara Méndez, Melchor Roel e Antonio Veiga e advertiron que están máis preocupados por colocar como persoal de confianza na Deputación, “pagados cos cartos de todos”, a concelleiros e ex altos cargos da Xunta bipartita, como a anterior xefa de gabinete de Touriño, a cervense Teresa Facal, ou os concelleiros nacionalistas de Cervo, Estua, e de Ribadeo, Vicente Castro. No caso de Lara Méndez, segundo indicaron, “o seu papel na Deputación é anecdótico porque non aporta nada e só deixa pegada nos medios de comunicación, pero sempre aludindo a anuncios e nunca a feitos e realidades. Nótese que en 2007 dixo que o parque de bombeiros de Barreiros estaría andando no primeiro trimestre de 2008 e estamos como estamos. Simplemente mentiu”.

O caso de Melchor Roel tamén merece especial atención, porque nada se coñece na comarca da súa condición de Deputado. “Eso sí”, puntualizaron, “non cobra exclusiva, pero algo debería terse notado, porque ademais forma parte da Xunta de Goberno, á que por certo, nin Lara Méndez nin Melchor Roel son precisamente asiduos, máis ben ó contrario, e no caso de Méndez é ainda máis grave, porque ela si cobra dedicación exclusiva”.

E no que atinxe a Antonio Veiga, a súa efectividade, segundo os populares, está supeditada ó que diga Antón Bao, polo tanto, o seu papel redúcese a ser “o correo do zar”, e levar recadiños de aquí para alá, aínda que “temos que recoñecer que se nota máis axilidade nas áreas do BNG”.

Os populares tamén fixeron balance do seu propio traballo. No que vai de mandato provincial, o PP presentou un total de 42 mocións, das que una decena foron de temas vinculados total ou parcialmente coa comarca da Mariña, como os daños do Klaus, desbroces das vías provinciais ou petición de axudas ó sector pesqueiro. No que atinxe ás preguntas formuladas nos plenos un número importante tamén foron sobre temas que afectan directamente á comarca mariñá como o parque empresarial de Ourol, o Museo do Mar, os ascensores nos consistoriais de Lourenzá ou Mondoeñedo ou os parques de bombeiros. En prácticamente todos os casos, agás o que respecta á Garda Civil do Mar de Viveiro, os deputados provinciais do PSOE e do BNG, incluidos Méndez, Roel e Veiga, votaron en contra ou eludiron tratar os asuntos para que non queda patente “a vergoña da súa incompetencia, falla de traballo e preocupación pola comarca”.

Pola contra, o equipo de goberno provincial só presentou unha moción sobre a creación dunha reserva mariña nesta comarca. “A comparación é apabullante”, aseguraron.

Exit mobile version