Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo organiza actividades para nenos na segunda quincena de xullo

RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ribadeo, anuncia máis actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no mes de xullo. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

* Xogos educativos en Internet: con esta actividade preténdese que nenos e nenas de 3 a 6 anos, ao finalizar este obradoiro, sexan capaces de empregar diferentes xogos educativos da Rede. Desenvolverase de luns a venres, do 15 ao 31 de xullo, de 11 a 12 horas. Poderán participar pequenos/as en tres turnos (obradoiros) diferentes: do 15 ao 17, do 20 ao 24 e do 27 ao 31.
* Xogos educativos en Internet: con esta actividade preténdese tamén que nenos e nenas de 6 a 10 anos, ao finalizar o obradoiro, sexan capaces de empregar diferentes xogos educativos da Rede. Desenvolverase de luns a venres, do 15 ao 31 de xullo, de 12 a 13 horas. Poderán participar rapaces en tres turnos (obradoiros) diferentes: do 15 ao 17, do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de xullo.

En xullo continuará tamén os obradoiros postos en marcha neste mes de xuño: Procesador de textos: Writer, ata o día 10 de xullo, e Memoria dos Oficios ata o vindeiro día 14, que será cando rematará.

Asemade, está prevista a realización da charla Rede de Dinamización que terá lugar o día 31, ás 9:00 horas na aula de dinamización de Ribadeo. Consistirá en dar a coñecer a Rede de Dinamización e os obradoiros, charlas, xornadas e visitas que se ofertan no Concello de Ribadeo para a poboación en xeral.

O prazo de inscrición para estas actividades será desde hoxe 25 de xuño ao 14 de xullo.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito en Rúa/ Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo mariacarmen.ribadeo@sociedadedainformacion.eu.

Exit mobile version