Site icon Crónica3.com A Mariña

A xestión do PP incrementa a débeda do Concello de Cervo, asegura o PSOE

NOTA DE PRENSA
A nefasta xestión do PP incrementa a débeda do Concello de Cervo

O PP quere sanear as arcas Públicas a conta do Veciños de Cervo

Dende o Grupo Municipal Socialista lamentamos que o Grupo de Goberno leve a cabo a elaboración dos orzamentos por verse obrigado para poder acceder ao RD 5/2009 para sanear as débedas pendentes con empresas e autónomos, e non pola propia necesidade e a importancia que teñen os orzamentos para a boa planificación e Xestión do funcionamento do Concello.

Un traballo que teñen que realizar de forma anual o Concello de Cervo levaba mais de dous anos sen realizar por medo ao que hoxe quedou de manifesto, a débeda do Concello vese incrementada.

O resultado da liquidación orzamentaria da un remanente de tesoreria negativo que ascende a 1.677.614,90€ o cal obriga por lei a presentar un orzamento que se contemple un superhabit do mesmo importe, e este non quere dicir que as contas do Concello estean saneadas senón todo o contrario.

Simplemente lendo o informe de intervención da unha realidade lamentable da situación do Concello, tanto en termos de persoal sen regular a día de hoxe contemplando discriminación entre traballadores sen un criterio obxetivo, otorgando subvencións sen un “Plan de Subvencións”, establecendo como ingresos partidas sen acreditar a dispoñibilidade dos mesmos polo tanto non se pode gastar ……. E un sinfín de anotacións que se recolle no informe e remata dicindo que hai que ter un estrito control do gasto municipal.

Despois de mais de dous anos sen aprobar os presupostos por deixadez total de funcións e por medo a realidade e non querer asumir a súa responsabilidade o partido popular aínda ten a desfachatez e indecencia política de votarlle en cara a oposición de non presentar en dous días un presuposto alternativo.

Por outra banda o PP aprobou un plan de saneamento tamén obrigado polo Real Decreto anteriormente citado, o cal pódese resumir en tres puntos:

Sangremos aos veciños de Cervo: subindo e creando novas taxas, eso si empezarían a aplicarse despois das municipais do 2011.

Poñámonos a traballar: e outra das medidas reiteradas que se recollen no plan, e nos pensando que Alfonso Villares levaba dous anos traballando.

Confiemos na caridade de Veciños, Empresas, Autónomos do Concello: “pasemos a gorra”.

O PSdeG-PSOE de Cervo non pode votar a favor deste plan por responsabilidade política, xa que entendemos que os veciños non deben de pagar a mala xestión do Goberno Municipal a pesar de que eles si se amparan no resultado electoral para desculparse da súa falta de traballo e responsabilidade.

Exit mobile version