Site icon Crónica3.com A Mariña

Persoas dependentes e carriños de bebés non poden transitar por Río Cobo, asegura o PSOE e Cervo

NOTA DE PRENSA

As persoas con dependencia e os carritos de bebés non poden transitar por Río Cobo

A falla de limpeza e a colocación dos farois no medio das beirarrúas obrigan aos veciños  a circular pola carreteira

O PSdeG de Cervo quere denunciar o estado de abandono no que se atopan os accesos e as beirarrúas da urbanización de Río Cobo. Os veciños xa solicitaron en en varias ocasións ao alcalde e outros concelleiros do PP, que xestionaran a limpeza exhaustiva do entorno, posto que os eucaliptos e silvas invaden as zoas de servidumbre de moitas das casas, producindo molestias e riscos aos veciños.

Así, en varias ocasións son os propios veciños os que realizan as tarefas de limpeza das beirarrúas, canaletas de recollida de pluviais, e incluso chegan a ter que desatascar os sumidoiros cando o olor xa se fai insoportable.

Aínda que a situación de abandono é xeneral, os que están a sufrir mais as consecuencias desta falla de servizos básicos son os titulares das vivendas próximas ao acceso principal de Río Cobo, que despois das últimas choivas de xuño, viron como debido as follas caídas e acumuladas nos sumidoiros, o auga acumulábase nas portas das casas con todo tipo de restos das alcantarillas.

Especial atención merece tamén o feito de que transitar polas beirarrúas con cadeiras de rodas, no caso das persoas dependentes, ou con carriños de bebés, no caso dos pais, e practicamente imposible posto que o Concello colocou uns farois xusto no medio da zoa de tránsito, impedindo circular dunha forma segura e obrigando as persoas e nenos a invadir a carreteira,  co risco de atropelo.

Tamén os concelleiros Socialistas demandamos un espello para que os vehículos da Rúa Acceso puideran saír sen risco das súas casas, posto que debido a traza dunha curva, as vivendas mais próximas a mesma non teñen visibilidade e en mais dunha ocasións atopáronse co autobús e a piques de ter un accidente. Tampouco o concello nesta ocasión fixo caso as nosas demandas.

Por iso pedimos ao concello de Cervo que teña en conta todas estas reclamacións veciñais para evitar ante todo accidentes e tamén para dar un servizo aos veciños de Río Cobo que pagan os seus impostos coma o resto de veciños.

Exit mobile version