Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PSOE ao alcalde de Cervo “que aclare unha posible malversación de caudais”

Nota de Prensa
O PSdeG-PSOE de Cervo esixe ao Sr. Alcalde que aclare a posible malversación de caudais para non mancillar o nome do Concello

O Sr. Villares como máximo responsable do Concello e responsable da area de Economía e Facenda ten que velar pola integridade do Concello

O Xulgado de 1º Instancia e Instrución  de Viveiro con data 6 de Xullo  pídelle ao Concello lle remita o libro de Recadacións Municipais con datos obrantes  no mesmo dende marzo do ano 2007, documento que por certo non se rexistrou no rexistro de entrada do Concello en aquel momento como así se debería ter feito.

Con rexistro de saída nº2078 o Concello lle remite ao Xulgado en soporte informático unha relación de ingresos obrantes na contabilidade municipal dende o día da referencia ata a data.

Entendemos que hai que ser cauteloso pola relevancia do tema pero tamén somos conscientes de que a calada por resposta non e unha solución, máxime cando a información requirida por parte do Xulgado data dende o 2007 e non se trata dun feito asilado no tempo.

Dende o Grupo Municipal Socialista votamos de menos e esiximos ao Alcalde o Sr. Villares que como máximo responsable do Concello lle dea unha explicación aos Veciños de Cervo de que o que esta a ocorrer.

Non podemos obviar que o nome do Concello de Cervo esta en entredito e o único que produce o silencio son posibles especulacións ao respecto que non solucionan nada, e incluso dando lugar a comentarios do tipo de que se trata de posibles discrepancias entre o persoal do Concello, cando a realidade e outra ben distinta e estamos nun caso de presunta malversación de caudais, cun procedemento xudicial aberto, o Partido Socialista do Concello de Cervo sempre estará ao lado dos que velen pola integridade do Municipio.

Dende o Grupo Municipal Socialista tamén votamos en falla de que si realmente hai indicios de posible malversación de caudais gustaríanos escoitar por parte do equipo de goberno do Concello que medidas cautelares se están a levar a cabo para que non segan sucedendo.

Exit mobile version