Site icon Crónica3.com A Mariña

Pospoñen para despois do verán o remate do ciclo conferencias sobre “Prevención de saúde” en Burela

BURELA (FNC) .- Remataron as charlas sobre prevención de saúde de interés público que se viñeron celebrando en Burela desde o pasado 16 de xaneiro e que abordaron cuestións coma a nutrición, a diabetes, o alzheimer, ansiedade e estrés, prevención de violencia de xénero, primeiros auxilios, automedicación responsable, menopausia, sida e drogas de abuso e asma e bronquite crónica. O programa que elaborou a Delegación de Sanidade do Concello de Burela concluirá definitivamente despois do verán con algunha das conferencias que quedan pendentes e que a organización e o ponente acordaron pospoñer para despois da época estival. Sonia Fraga agradece “a participación dos veciños de Burela nestas charlas e tamén a presencia do ponente, un médico da vila, que se encargou de preparalas e de suscitar o interés da xente”.

Exit mobile version