Site icon Crónica3.com A Mariña

Rodríguez Andina será xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo na provincia de Lugo

RIBADEO .- O portavoz do Partido Popular no Concello de Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, será xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta para a provincia de Lugo, segundo informou este mediodía a emisora de radio Onda Cero A Mariña.
Rodríguez Andina tomará posesión deste cargo nos próximos días, posto que lle permite continuar como portavoz do PP no Concello de Ribadeo.
José Carlos Rodríguez Andina é profesor de Matemáticas no instituto de Secundaria Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo, centro do que foi director. Foi alcalde de Ribadeo durante oito anos e vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo.

Exit mobile version