Site icon Crónica3.com A Mariña

Rodríguez Andina xa é o xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo na provincia de Lugo

RIBADEO .- O ribadense José Carlos Rodríguez Andina, tomou posesión como xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo na provincia de Lugo. Díxoo hoxe na emisora de radio Onda Cero A Mariña, nunha entrevista na que confirmou que seguirá como portavoz do Partido Popular no Concello de Ribadeo ata que finalice o actual mandato municipal, en 2011. Continuará tamén como presidente da executiva local do PP “mentres queiran os afiliados” e reiterou que non volverá ser candidato á alcaldía ribadense nin noutras eleccións.

Exit mobile version