Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballadores de auxiliares de Alcoa solicitaran a mediación da conselleira de Traballo

SAN CIBRAO .- Representantes da coordinadora de traballadores das empresas auxiliares de Alcoa entrevistaranse o luns coa conselleira de Traballo. Os representantes dos traballadores informarán a conselleira “da problemática existente, e solicitaremos a mediación da Consellería cara a dar solución a esta problemática”.

NOTA DE PRENSA

Unha representación da Coordinadora de Representantes dos/as traballadores/as das Empresas Auxiliares de ALCOA, así como dos
sindicatos, reuniranse ca Conselleira de Traballo e Benestar o vindeiro luns 13 de xullo.
Tralas xestións feitas para ser recibidos pola Consellería de Traballo e Benestar, e tendo confirmación de que isto sería posible o vindeiro día 13 as 13:00 horas, a Coordinadora na reunión do pasado luns 6 de xullo nomeou aos representantes que acudiran á mencionada cita, os sindicatos CCOO-CIG-UGT tamén se sumarán a esta representación. Agardamos que esta xuntanza sexa proveitosa, e dado que parece que vai ser a Conselleira quen nos reciba, poñeremos no seu coñecemento a problemática existente, e solicitaremos a mediación da Consellería cara a dar solución a esta problemática.

Exit mobile version