Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 30 rapaces e rapazas participaron no Campamento de Arqueoloxía do Museo do Mar de San Cibrao

SAN CIBRAO .- Rematou o IV Campamento de Arqueoloxía do Museo do Mar de San Cibrao no que participaron preto de 30 rapaces e rapazas. Ao acto de clausura asistiu o deputado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, que destacou que este tipo de actividades teñen un gran éxito e demanda por parte dos máis novos xa que permiten “aprender xogando”.

Nota de Prensa

O DEPUTADO DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN, ANTONIO VEIGA, CLAUSUROU O IV CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA DO MUSEO DO MAR
O nacionalista Antonio Veiga acompañou aos nenos e nenas que desde o luns puideron achegarse ás técnicas de escavación arqueolóxica practicando nunha escavación

Lugo, 31 de xullo de 2009. O deputado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, clausurou esta mañá o IV Campamento de Arqueoloxía do Museo do Mar de San Cibrao, no que participaron preto de 30 rapaces e rapazas. Grazas a esta actividade, organizada pola Área de Cultura da Deputación por toda a Rede Museística Provincial, os nenos e nenas puideron experimentar e coñecer ao longo dunha semana como se realiza unha escavación arqueolóxica participando para elo dunha escavación con elementos ficticios pero realizada seguindo os pasos que se darían na realidade.

Antonio Veiga destacou que este tipo de actividades teñen un gran éxito e demanda por parte dos máis novos xa que permiten “aprender xogando”, polo que se repiten cada ano sen que diminúa o seu poder de convocatoria. Por iso considerou que desde a Área de Cultura da Deputación se debe seguir apostando pola posta en marcha de actividades estivais como esta, xa que é unha maneira de proporcionar contidos didácticos aos máis novos dunha forma lúdica e, á súa vez, permiten que os pais e nais dos nenos e nenas concilien máis facilmente a vida familiar e laboral ao teren as crianzas unha ocupación polas mañás de verán.

Este IV Campamento de Arqueoloxía que rematou hoxe no Museo do Mar de San Cibrao encádrase dentro das actividades de verán que se están a levar a cabo por toda a Rede Museística Provincial, que pon en marcha a Área de Cultura da Deputación.

Exit mobile version