Site icon Crónica3.com A Mariña

Vela, surf, volei e fútbol, no programa “Lánzate ao Verán” da área de Deportes da Deputación

LUGO .- A vela, o surf, o volei praia e o fútbol praia serán protagonistas nas tardes de verán na comarca da Mariña da man do Club Náutico Burela, o Club Voleibol Emevé, o Club Fútbol Sala Pescados Rubén dentro do programa “Lánzate ao Verán” da área de Deportes da Deputación. O responsable desta delegación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou o programaque se desnrolará en colaboración con diversas entidades deportivas da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos
As actividades de volei e fútbol praia desenvolveranse nos concellos de Cervo (San Cibrao) e en Barreiros. O resto, na localidade de Burela.

Nota de Prensa

PRESENTADO O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA O PERÍODO ESTIVAL “LÁNZATE AO VERÁN”

Por segundo ano consecutivo, as comarcas da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos acollerán un amplo abano de actividades deportivas durante a segunda quincena de xullo e a primeira de agosto

LUGO, 14 de xullo de 2009. O delegado a Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, presentou este mércores o programa de actividades para o tempo de lecer “Lánzate ao Verán” que organiza esta institución en colaboración con diversas entidades deportivas da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos e que se desenvolverán durante a segunda quincena do mes de xullo e a primeira de agosto. O nacionalista salientou que este é o segundo ano que área que el dirixe pon en marcha un proxecto destas características. Na súa primeira edición, no verán de 2008, participaron, de xeito totalmente gratuíto, uns 5.000 mozos e mozas pertencentes ás tres comarcas nas que se desenvolve esta iniciativa en prol da práctica do deporte entre o sector máis novo da poboación lucense.

A vela, o surf, o volei praia e o fútbol praia serán protagonistas nas tardes de verán na comarca da Mariña da man do Club Náutico Burela, o Club Voleibol Emevé, o Club Fútbol Sala Pescados Rubén. As actividades de volei e fútbol praia desenvolveranse nos concellos de Cervo (San Cibrao) e en Barreiros. O resto, na localidade de Burela. Xa na comarca de Lugo, a Escola de Piragüismo acollerá un curso de vela, de piragüismo e de triatlón baixo a supervisión do Club Náutico Burela, o Club Cidade de Lugo e a Federación Galega de Triatlón, respectivamente. Pola súa banda, o Pazo Provincia dos Deportes, será o escenario elixido para pór en marcha un curso de iniciación á loita que conta coa colaboración de varios dos  membros do Club Loita de Vilalba e outro curso de rocódromo da man do Club O Veral. Esta última actividade, a diferenza do resto, desenvolverase só durante todos os sábados do mes de xullo e agosto. Por último, na comarca de Lemos, o Pavillón Municipal A Pinguela acollerá unha actividade de piragüismo e outra de volei praia organizadas polos Clubs de Piragüismo de Quixos e A Pinguela, respectivamente. O colexio Calasancio de Monforte será o espazo elixido polo Club Deportiva Calasacio para pór en marcha un curso de porteiro de fútbol que se desenvolverá entre o 3 e o 14 de agosto ao igual ca o curso de volei praia antes mencionado.

O prazo de inscrición no programa “Lánzate ao verán” continuará aberto ata o día anterior ao comezo de cada unha das actividades. Para obter máis información, os interesados poder acceder á páxina web da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo ou chamar ao 982 260 061.

Exit mobile version