Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo reuniuse coa ANPA do Rivera Casas e comunicoulle que levaran o peche do colexio ao Parlamento

Nota de Prensa

CERVO

REPRESENTANTES DO BNG REÚNENSE CON MEMBROS DA ANPA DO CEIP RIVERA CASAS A PETICIÓN DESTA

O BNG apoiará  a concentración convocada para o venres para denunciar a prepotencia e caciquismo exercido polo PP neste asunto.

Os nacionalistas comunicaron á ANPA a presentación de varias iniciativas no Parlamento Galego.

Cervo, xoves 6 de agosto de 2009. Representantes do BNG reúnense coa ANPA do CEIP Rivera Casas, a petición desta, para recoller de primeira man os problemas que se crean a partir da aprobación polo Consello da Xunta do día 23 de xullo da integración do alumnado noutro centro. Os nacionalistas consideran que, o PP unha vez mais, toma decisións ao marxe da comunidade educativa e sen que mediara ningún diálogo cos afectados, obviando a realidade poboacional en San Cibrao e a modificación das matrículas neste centro, cun considerábel aumento para o curso 2009-2010 que pon de manifesto a preferencia dos pais e nais por matricular aos seus fillos e fillas no centro mais preto das súas vivendas, evitando a inseguridade que traerá consigo o transporte a outro centro.

OS NACIONALITAS TACHAN DE CACICADA AS FORMAS UTILIZADAS POLA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN NUNHA NOVA REORDENACIÓN EDUCATIVA EN SAN CIBRAO

A pretensión da Consellaría de Educación de unificar ao alumnado matriculado no CEIP Rivera Casas dentro do CEIP de Galdín, formalizado nun Consello de Goberno da Xunta e publicado o día 3 de agosto DOG, sen mediar diálogo previo coa comunidade educativa no seu conxunto, e coas matrículas xa tramitadas, fai pensar aos nacionalistas que a Consellaría de Educación, “unha vez mais, obvia todos os procedementos ordinarios e semella mais ben unha cacicada na que o goberno local non está exento de responsabilidades”. O BNG criticou que “as formas fan perder unha vez mais ao PP as razóns de fondo, aínda que entendemos a necesidade de unificar nun só centro ao conxunto do alumnado, isto non se pode facer pola forza e sen informes técnicos que avalen tal decisión”.

APOIO Á CONCENTRACIÓN DO DÍA 7 E PRESENTACIÓN DUNHA BATERIA DE PREGUNTAS E UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI NO PARLAMENTO GALEGO

Os representantes do BNG comunicaron á ANPA o apoio do seu grupo á concentración convocada o venres 7 no entorno do centro educativo e anunciáronlles a presentación dunha batería de preguntas e unha Proposición Non de Lei(PNL) no Parlamento Galego. Os nacionalistas queren saber, 1º En que fundamenta a Consellaría de Educación unha decisión tan precipitada e que xera tantos problemas sociais; 2º si ten prevista a Consellaría de Educación algunha obra de remodelación e mellora de instalacións para poder albergar a todo o alumnado e 3º Se a Consellaría tivo en conta a opinión do concello de Cervo para tomar a decisión de fusionar os dous centros. Por outra banda o BNG pedirá na PNL a revisión por parte da Consellaría de Educación da decisión de fusión dos dous centros e que esta revisión se faga tendo en conta a opinión tanto das dúas comunidades educativas que conforman os CEIPs Rivera Casas e Galdín e o concello de Cervo, ademais dunha solicitude dos informes técnicos que avalan a decisión da Consellaría.

Exit mobile version