Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Turismo de Burela inicia visitas guiadas para ver as pinturas da igrexa de Vila do Medio

BURELA (FNC) .- As pintura de orixe gótico, dos séculos XVI-XVII, da igrexa da Vila do Medio e a súa historia poderán coñecerse a través das visitas guiadas que darán comenzo a vindeira semana e rematarán a mediados de setembro.

Segundo explica o edil de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, “as visitas guiadas terán lugar en principio os martes e xoves de cada semana dende as 17 horas ata as 20 horas”. O concelleiro nacionalista considera a iniciativa “de interese para os visitantes do noso concello e mesmo para os veciños da nosa comarca e da localidade. O obxectivo pasa por posibilitar o coñecemento da nosa historia, e concretamente as pinturas existentes na igrexa da Vila do Medio do seculo XVI-XVII de orixe gótico e todo canto nos vencella a este primeiro templo parroquial de Burela”.

As visitas guidas serán realizadas pola responsable da oficina de turismo Concha Oses, que “trasladará ao visitante ao noso pasado, como coñecedora da nosa cultura, e representando por tanto un avance máis no desenvolvemento das políticas que se están a realizar de cara á potenciación dos nosos recursos culturais e históricos, que á súa vez determinan o afianzamento do noso concello como referente turistico dentro da comarca da Mariña”.

Exit mobile version