Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PSOE que o alcalde de Cervo enfrontase a veciños do concellos pola titularidade dun camiño

NOTA DE PRENSA
O Sr. Villares da unha vez mais mostra do seu rigor

O Alcalde de cervo atribúe o carácter publico de un camiño a un paso sen expediente de averiguación

O Alcalde de Cervo volve a actuar sen ningún rigor, nesta ocasión enfrontase a uns veciños do Concello pola titularidade de un camiño.

O Sr. Villares visitando unha zona do Concello onde quería acometer unha obra lle comenta a un veciño a intención que ten de abrir un camiño, o propietario lle di que esa e unha zona privada que esta dentro da parcela da súa propiedade ao cal lle resposta que el non naceu en dito Lugar e por iso non ten coñecemento.

Cando menos o Sr. Villares o que debería ter feito en primeiro lugar e ser educado e non dar unha resposta de ese tipo e en segundo lugar verificar realmente a titularidade da mesma para poder actuar e non basearse simplemente nunha fotografía aérea do antigo catastro, que nin da nin quita titularidade.

Dende o Grupo Municipal Socialista preguntamos se esta inventariado como camiño público e por qué non determina a titularidade do ben antes de actuar, xa que a súa forma de proceder resulta de unha ineptitude alucinante.

O Concello da orden de abrir un camiño no lugar de Espiñerido na parroquia de Cervo, e o día 31 de xullo presentase no lugar referido unha pala, o técnico municipal e dous policías locais.

Os propietarios ante unha situación que consideran inxusta xa que están a invadir unha propiedade privada presentan unha denuncia ante a Garda Civil co fin de velar pola seu patrimonio.

Os propietarios teñen documentación que acredita a súa propiedade, e o que o Concello pretende abrir como camiño público era antigamente un paso de servidume.

Os propietarios estarían abertos ao dialogo como xa estiveron en mais ocasións deixando actuar na súa propiedade para un beneficio común, pero non a este atropelo por parte do máximo responsable do Concello.

Dende o Grupo Municipal Socialista lle pedimos ao Sr. Villares que sexa rigoroso co seu traballo e non cometa esta clase de atropelo contra os veciños que de forma licita están a defender a súa propiedade.

Exit mobile version