Site icon Crónica3.com A Mariña

Alborada e Concello programan o “XXV Festival coral de música popular” en Viveiro

VIVEIRO .- Na Praza Maior de Viveiro celebrase a vixésimo quinta edición do “Festival coral de música popular”, organizado pola Coral Polifónica Alborada de Viveiro e o Concello de Viveiro. Actuarán a Coral Polifónica Estradense, o Coro Villa de Navia, o grupo de gaitas de “Bágoas da terra” e a Coral Polifónica Alborada Viveiro. A cita é o sábado ás dez e media da noite.

Exit mobile version