Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que o investimento da Deputación en Burela redúcese a obras comunitarias e o POS

NOTA DE PRENSA

O PP afirma que a contribución da Deputación bipartita ó concello de Burela é  cero.

Afirman que o alcalde é servil e complacente coa Deputación.

Os populares poñen como exemplo os seiscentos mil euros que investiu o anterior equipo nos dous último anos.

O PP de Burela afirmou hoxe que a contribución da Deputación bipatita ó Concello de Burela é  cero, porque o investimento redúcese ó que se corresponde coas obras comunitarias e as do Plano de Obras e Servicios. Proba da deixadez da Deputación é o estado dun tramo de bionda da estrada Burela-San Cibrao entre Ril e A Marosa, que leva ¡un ano! rota sen que ninguén se digne a arranxala ou subtituila.

Os populares consideran que o comportamento da Deputación  é a lóxica consecuencia do servilismo e complacencia do alcalde coa mesma. E esto maniféstase en que desde o concello non se trasladan proxectos á Deputación. Así, ainda está sen licitar a obra do POS do presente ano, unha fase do saneamento da Casilla á Marosa, obra qu por certo tiña que ter rematada a Deputación e que non foi capaz, polo que se perderon cáseque cen mil euros. Agora resulta que os veciños de Burela terán que aportar algo máis de dez mil euros para poder facer esta obra, froito da “excelente” xestión do alcalde”.

Hai ano e medio, o alcalde dixo que a Deputación abordaría a construcción das aceras da marxe dereita da estrada Burela-Rúa, propiedade da administración provincial, pola súa dereita hasta o Cemiterio Municipal. A día de hoxe, nada de nada.

O único que fixo o alcalde con xeito coa Deputación foi asinar o convenio para o desbroce das vías provinciais, porque de facelo a Deputación ó millor chegabamos a finais do verán e estaban sen facer.

Os populares lembran que os investimentos de Plano de Obras e Servicios e de obras comunitarias son obras de carácter anual e sempre as houbo. Pero compre lembrar que desde mediados de 2005 a mediados de 2007, ou sexa, en dous anos, o investimento da Deputación foi de seiscentos mil euros, ademais das obras e planes indicados: rexeneración e millora da estrada Burela-San Cibrao hasta A Marosa, ponte nova sobre da vía de FEVE na Casilla, pistas de tenis, e reparación da cuberta da tribuna pequena da Marosa. Por certo, esta obra,que a Deputación dixo que ía ser urxene, ainda está como está. E por riba de todo, e consta nas actas de SUPLUSA, o compromiso de investimento por parte da Deputación, de seis millóns de euros para o parque empresarial da zona de A Puida.

Pola contra, agora só nos atopamos con boas palabras da Deputación, e para de contar. Burela non vive do buenismo do presidente da Deputación, nin do colegueo do alcalde. Burela agarda compromisos, prazos e presupostos, e eso é o que lles pide o PP á Deputación e ó alcalde.

Exit mobile version