Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro “non se cre que alguén da talla política de Garcia Rivera” non saiba que Portos depende de Mar

Nota de Prensa

BALSEIRO LAMENTA QUE GARCIA RIVERA UTILICE A ALCALDIA COMO INSTRUMENTO DE CONFRONTACION POLITICA E INSTITUCIONAL

– O Presidente de Portos de Galicia non ten a culpa de que Alcalde e Tenente de Alcalde de Foz non se falen e, en consecuencia Garcia Rivera non respondera á invitación.

O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol lamenta que Jose Maria Garcia Rivera utilice o cargo que obstenta, a Alcaldia do Concello de Foz,  como instrumento de confrontación política e para realizar desplantes institucionais como o que protagonizou cando non acudiu ás visitas realizadas pola Conselleira de Pesca ou  polo Presidente de Portos de Galicia.

En opinión do deputado popular Garcia Rivera esquece que a súa obrigación é defender os intereses de todos os veciños de Foz, e manter unha relación fluída e de cortesía con todas as administracións que traballan en proxectos beneficiosos para os focenses. Ao seu entender o Alcalde confunde permanentemente as súas funcións como consecuencia da súa obsesión  de actuar como comisario político ao servizo do PSOE.

Balseiro non se cre que alguén da talla política de Garcia Rivera non saiba que na nova administración autonómica o Ente Publico Portos de Galicia depende da nova Conselleria do Mar e insiste en que se foi convidado a ambas as reunións aínda que descoñece as razóns polas que Alcalde e Tenente de Alcalde de Foz non se falan e desta forma non se lle explicou que como continuidade á visita de Rosa Quintana viría Jose Manuel Álvarez Campana

Exit mobile version