Site icon Crónica3.com A Mariña

Colectivos caboverdianos de Bembibre, Burela e Cervo reuniranse en San Cibrao

CERVO .- A concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, Chelo Gallego, anunciou que o sábado, día 29, celebrarase en San Cibrao un intercambio cultural entre as comunidades caboverdianas de Bembibre, Burela e Cervo. O encontro conta con un amplo programa con percorrido turístico por San Ciprián, xantar de confraternidade, un partido de fútbol que enfrontará a membros das diversas comunidades e, para rematar, unha cena baile no Club social de Rio Cobo

NOTA DE PRENSA

A cita terá  lugar o sábado 29 de agosto e iniciarase coa recepción a primeira hora da mañá dun autocar procedente da localidade Bembibre (León)

SAN CIPRIAN ESCOLLIDO COMO LUGAR DE ENCONTRO E INTERCAMBIO CULTURAL ENTRE AS COMUNIDADES NATIVAS DE CABO VERDE DE BEMBIBRE, BURELA Y CERVO

* Está prevista a chegada de medio centenar de persoas que participarán nun completo programa de actividades que contempla: percorrido turístico por San Ciprián, xantar de confraternidade, un partido de fútbol que enfrontará a membros das diversas comunidades e, para rematar unha cena baile no Club social de Rio Cobo.

Cervo a 26 de agosto de 2009.- A concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, Chelo Gallego, vén de amosar a súa satisfacción despois de coñecerse que a localidade de San Ciprián foi escollida como lugar para o encontro e intercambio cultural entre as comunidades caboverdianas de Bembibre, Burela e Cervo.  A asociación cultural Amilcar Cabral convocou a preto de medio centenar de nativos deste país africano que se reunirán no noso municipio para compartir unha xornada repleta de múltiples actividades.

A comunidade caboverdiana desenvolverá desde primeiras horas da mañá un percorrido turístico pola localidade de San Ciprián, con especial atención as súas praias, seguido dun xantar de confraternización. Pola tarde terá lugar un partido de fútbol que enfrontará a membros das respectivas comunidades e, finalmente na noitiña, os actos finalizarán cunha cea-baile tradicional no Club Social de Rio Cobo.

O Concello de Cervo como anfitrión deste encontro colabora con esta actividade e agradece o xesto do colectivo caboverdiano que sempre se ten caracterizada polo seu dinamismo e riqueza cultural e pola plena integración entre os veciños do municipio.

Exit mobile version