Site icon Crónica3.com A Mariña

Domingo terá lugar o “VII Campionato de pesca deportiva vila de Ribadeo”

RIBADEO (FNC) .- O domingo, 23 de agosto, celébrase o VII Campionato de pesca deportiva de embarcación fondea da Villa de Ribadeo, que organiza a sección de pesca deportiva do Clube Náutico de Ribadeo en colaboración co Concello. Nesta nova edición, participarán pescadores galegos de Pontevedra e Lugo e tamén de diversos concellos asturianos como Gijón, Oviedo, Avilés e Pola de Siero.

O prazo de inscrición está aberto ata este sábado, día 22 de agosto, ás 13.30 horas e polo momento hai un total de 42 participantes anotados.Todos eles irán repartidos en 13 embarcacións habilitadas polo club e en caso de que dende hoxe ata o sábado aumenten as inscricións tamén se incorporarán máis botes de pesca.

A xornada do domingo, na que se celebrará este VII Campionato de pesca deportiva, comezará ás 7.00 horas coa concentración de pescadores no Club Náutico, a formalización da inscrición e a recollida de número e bolsa. Ás 7.30 horas, as embarcacións comezarán a saír cara a zona de pesca que será entre a Punta da Cruz, na desembocadura da Ría de Ribadeo e a Punta Coveira en Rinlo. Cando tódalas embarcacións estean ben situadas, ás 8.00 horas un foguete dará o sinal de comezo do campionato que finalizará sobre ás 13.00 horas da mesma maneira. Dende as 13.40 ata as 14.10 horas terá lugar, no local da sección de pesca, a pesada das capturas e para rematar ás14.30 horas os participantes gozarán dunha comida nun restaurante do porto e despois terá lugar a entrega de trofeos, que constará de premios para os 5 primeiros clasificados e unha mención especial para a peza maior.

Exit mobile version