Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da exposición F25.Ollo feminino en Ribadeo, con fotos realizadas por mulleres

RIBADEO (FNC) .- Mañá martes 4 de agosto ás 20:30h terá lugar na Oficina de Turismo a inauguración da exposición F 28. Ollo feminino. Dita exposición, segundo Luisa González, responsable do CIM, “reflicte os traballos realizados polas mulleres que estiveron durante case tres meses formándose no eido da fotografía dixital baixo a dirección do fotógrafo aficionado ribadense, David Ribas. Durante os meses de abril, maio e xuño desenvolveuse un obradoiro de fotografía dixital dirixido ás mulleres, para alfabetizalas e procurar a súa autonomía e empoderamento neste medio”.

O curso foi impartido por David Ribas, fotógrafo aficionado de Ribadeo, “e este proceso de aprendizaxe vai rematar con esta exposición dos traballos de cada unha das asistentes no curso, onde nos ensinarán a súa destreza e manexo no uso das cámaras dixitais. A través destas fotografías tamén poderemos ver o potencial creativo feminino que temos en Ribadeo neste eido. Este curso, significou unha aprendizaxe para algunhas, un redescubrirse de cousas novas, un novo campo con potencial en emerxencia. Mulleres de todas as idades, de 16 a 66 anos asistiron a este curso. Mulleres diversas, cunha afición común, a fotografía”.

Esta exposición permanecerá aberta desde o 4 ata o 15 de agosto na Oficina de Turismo. Os horarios da son de 10:00h a 14..00h e de 16:00h a 20:30h de luns a venres, os sábados de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os domingos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:30h.

Exit mobile version